Atentos ao operativo especial de tráfico ante o Campionato de España de Triatlon e Aquatlon
Por Redacción
A partir deste venres 19, Pontevedra será o escenario do Campionato de España de Triatlon e Aquatlon para o que a Policía Local estableceu un operativo especial de tráfico debido aos cortes e eliminación de aparcadoiros que leva consigo a proba.
As probas desenvolveranse entre a Ponte de Santiago; Ponte dos Tirantes; Rafael Areses; Alexandre Bóveda; Avenida de Compostela no seu carril de salidad da cidade; Xosé Malvar, entre a Ponte dos Tirantes e a rúa da Seca e a Avenida de Bos Aires, entre a Ponte de Santiago e o das Palabras (Monte Porreiro).
Dende este mércores 17 de xuño estanse a instalar os valos de prohibición de estacionamento e distribúen os carteis informativos en toda a cidade sobre a mobilidade e o operativo de tráfico establecido dende o venres ata o domingo.
A partir das 22.00 horas deste xoves 18 prohibirase o estacionamento na avenida de Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e a Rúa do Mare. A partir das 15.00 horas do venres 19 quedará prohibido aparcar na avenida de Bos Aires, avenida de Compostela, Rafael Areses e Xosé Malvar. E a partir das 22.00 horas do venres tampouco se poderá estacionar en Alexandre Bóveda, Celso Emilio Ferreiro e adxacentes, ademais de no aparcadoiro disuasorio situado fronte ao Pavillón de Deportes.
Relacionadas:
-
Exhibición de Gómez Noya na casa para adxudicarse o Campionato de España Sprint
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Gómez Noya promete facelo "o mellor posible" en Pontevedra malia "non ser unha proba prioritaria para min"
Por Diego Espiño |
-
Javier Gómez Noya encabeza a inscrición do Campionato de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Diego Espiño |