Javier Gómez Noya encabeza a inscrición do Campionato de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Diego Espiño
A próxima fin de semana, 20 e 21 de xuño, Pontevedra converterase unha vez máis na capital nacional do tríatlon coa disputa do Campionato de España de Triatlón Sprint e o Campionato de España de Acuatlón.
Ambas as dúas citas congregarán na cidade a unha cifra importante de deportistas, pero por enriba de todos descata a presenza do actual campión das Series Mundiais.
Javier Gómez Noya encabeza a lista oficial de inscritos dunha competición na que tamén figura, entre outros, Antonio Serrat.
O pontevedrés Pablo Dapena atópase en lista de espera e salvo sorpresa non estará na saída
Non estará na liña de saída, polo momento, o pontevedrés Pablo Dapena e o coruñés Uxío Abuín, actuais subcampión e campión de España en distancia olímpica respectivamente. Ambos os dous encóntranse en lista de espera nunha decisión que non sentou ben entre os deportistas.
Iso en canto á competición elite masculina, mentres na feminina non competirán na cidade de Lérez os grandes nomes nacionais, pero si galegos, como as irmás Melina e Camila Alonso ou María Ortega.
Ademais na categoría júnior destaca o regreso á competición da pontevedresa Carmen Gómez Cortés tras superar unha lesión que dificultou a súa preparación nos últimos meses.
O Campionato de España de Tríatlon Sprint (750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé) disputarase na súa totalidade na xornada do sábado, comezando ás 10:00 horas coas probas júniors, seguindo ás 11:00 coas cadetes e ás 15:40 horas cos grupos de idade. A proba elite feminina ten fixada a súa saída ás 18:30 horas e a masculina ás 20:00 horas.
Pola súa banda o domingo será a quenda do acuatlón (1.000 metros de natación e 5 quilómetros a pé), no que repiten Gómez Noya e Serrat e tamén competirá Uxío Abuín, mentres Pablo Dapena figura de novo na lista de espera. En categoría feminina tamén repiten a maioría de deportistas.
O acuatlón arrancará ás 9:00 horas cos cadetes para seguir ás 9:30 cos júniors, 10:30 horas o paratríatlon, 11:15 os grupos de idade, 12:00 elite feminina e 12:30 horas elite masculina.
Relacionadas:
-
O Campionato de España de Acuatlón, tamén para un intratable Javier Gómez Noya
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Exhibición de Gómez Noya na casa para adxudicarse o Campionato de España Sprint
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Gómez Noya promete facelo "o mellor posible" en Pontevedra malia "non ser unha proba prioritaria para min"
Por Diego Espiño |
-
Atentos ao operativo especial de tráfico ante o Campionato de España de Triatlon e Aquatlon
Por Redacción |
-
Pontevedra queda sen Mundial de Dúatlon en 2016 e sen Festival Multideportes, polo menos ata 2019
Por Alejandro Espiño |
-
Javier Gómez Noya renuncia a competir nas Series Mundiais de Londres
Por Redacción |
-
YO SI TRI, nova denominación do triatlón popular Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra será sede en 2015 do Campionato de España de Tríatlon Sprint e de Acuatlón
Por Diego Espiño |