Portos comprométese coas confrarías ao dragado do Lérez para o 2016
Por Oskar Viéitez
As tres confrarías do fondo da ría de Pontevedra lograron este venres o compromiso dos responsables de Portos de Galicia para iniciar o dragado do Lérez na primeira metade do ano 2016.
Segundo informou a patroa maior de Lourizán, María del Carmen Vázquez, o proxecto está pendente do estudo sobre o impacto ambiental e logo terá que saír a exposición pública para que os afectados poidan presentar alegacións.
Antes requírese a presentación dos informes sectoriais regulados por parte de Patrimonio, o Instituto de Estudos do Territorio, Conservación da Natureza, Augas de Galicia, Sanidade, a Consellería do Mar e por suposto Costas e os concellos de Poio e Pontevedra.
Con todo, os responsables de Portos esperan que a licitación dos traballos se poida facer durante este ano.
O informe ambiental ten que aprobar a modificación da dinámica de litoral que supoñerá a apertura de buratos na canle para facilitar o movemento da auga no tramo comprendido entre a desembocadura do río, á altura da ponte da autoestrada e o fondo de ría.
A noticia foi acollida con satisfacción polas confrarías.
Relacionadas:
-
A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE
Por Redacción |
-
A Deputación súmase á petición do Clube Naval de dragado do río Lérez
Por Redacción |
-
A Consellería de Mar e a Deputación acordan unha liña de axudas coas 22 confrarías da provincia
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O PP de Poio pide que se priorice o dragado de Campelo á limpeza do Lérez "para os iates"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores insta a reivindicar "todos xuntos" a dragaxe urxente do río Lérez á Xunta
Por Redacción |