A Deputación súmase á petición do Clube Naval de dragado do río Lérez

Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mostrou este luns o seu apoio á reclamación que lle fixo o Clube Naval de Pontevedra sobre o dragado do río Lérez. Silva sumouse así a petición que vén facendo o alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, a Portos de Galicia para acometer as obras necesarias para o dragado do canle do Lérez.
Silva mantivo unha xuntanza cos responsables do Clube Naval na que lle mostraron fotos da situación do río coa baixamar que impide calquera navegación posible e a práctica de calquera deporte náutico. A presidenta da Deputación decidiu, tras escoitar as súas reclamacións, sumarse á petición do dragado do Lérez a Portos de Galicia.
Por outra parte, os voceiros do Clube Naval de Pontevedra mostraron tamén o seu malestar polo trato recibido polo anterior goberno da Deputación no reparto das subvencións e axudas, que cualificaron de "discriminatorio". Insistiron en que un clube que conta con 90 palistas e 167 socios e sitúase no quinto posto en Galicia polos resultados oficiais da Federación de Piragüismo, apenas recibe pouco máis de 1.200 euros anuais para axudas de actividade.
Por elo, mantiveron que "ate de agora non debían existir criterios moi obxectivos".
Carmela Silva informoulles que baixo a súa presidencia da Deputación a transparencia e os criterios de reparto serán conocidos en calquera tipo de axudas e non haberá a discrecionalidade que existía co anterior goberno do Partido Popular.
Relacionadas:
-
O BNG insta á Xunta a que acometa o dragado da ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A dragaxe do Lérez segue a ser "prioritario" para o PSdeG-PSOE
Por Redacción |
-
Portos comprométese coas confrarías ao dragado do Lérez para o 2016
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio pide que se priorice o dragado de Campelo á limpeza do Lérez "para os iates"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores insta a reivindicar "todos xuntos" a dragaxe urxente do río Lérez á Xunta
Por Redacción |
-
Magín Froiz e David Cal recollen lodo no Lérez para liberar un pantalán do Porto Deportivo
Por Anxo Lourido |