Sanxenxo será destino turístico en tempada media e baixa para maiores europeos
Por Redacción
A alcaldesa, Catalina González, subscribiu un convenio co responsable da empresa Turismo Vivencial, encargada de comercializar o programa 'Europe Senior Tourism' da Secretaría de Estado de Turismo.
Desta forma, Sanxenxo inclúese no proxecto para frear a estacionalidade a través da organización de viaxes en grupo, parcialmente bonificados que o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo dirixe a cidadáns europeos de 55 anos ou maior idade, con posibilidade de acompañante para viaxar por España en tempada media e baixa.
Con esta iniciativa chegarán cidadáns procedentes de Irlanda, Suecia, República Checa, Alemaña, Portugal e Reino Unido, países onde se ofertarán as estanzas 'Live Sanxenxo' nas que se inclúen actividades relacionadas co turismo mariñeiro, gastronómico, enolóxico e cultural.
O Concello de Sanxenxo e o Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo (CETS) traballan na creación de cinco paquetes turísticos que Turismo Vivencial introducirá nas canles de venda como axencias de viaxes e outras empresas do sector.
Para a alcaldesa a participación de Sanxenxo neste programa supón afondar na liña de traballo que se están a desenvolver dende o goberno local para formar parte dos circuítos internacionais.
Relacionadas:
-
Sanxenxo repite como destino para europeos maiores de 55 en tempada baixa
Por Redacción |
-
A oficina de turismo de Sanxenxo opta a ser a primeira de carácter municipal coa 'Q de calidade'
Por Redacción |
-
Tes máis de 55 anos e viaxas fóra da tempada estival? Sanxenxo busca xente coma ti
Por Redacción |