O TSXG ratifica a absolución de Serafín Pardiñas polo lume que desencadeou a vaga de 2006
Por Natalia Puga
Serafín Pardiñas Pérez foi absolvido definitivamente do incendio que desatou a ondada de lumes de agosto de 2006. A Audiencia Provincial de Pontevedra absolvérao, pero a Fiscalía, a Xunta de Galicia e a acusación particular recorreran ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O Alto tribunal galego confirmou que non se pode considerar autor dos feitos.
A Audiencia Provincial de Pontevedra celebrou en maio de 2012 un xuízo con xurado ao que Pardiñas chegou como único imputado por aquel incendio que se iniciou en Cerdedo o 4 de agosto de 2006, tivo magnitudes desproporcionadas, afectou aos municipios de Campo Lameiro, Cotobade e Pontevedra e provocou a morte de dúas mulleres.
O xuízo rematou coa disolución do tribunal e a absolución do único procesado. A maxistrada da Sección Cuarta de la Audiencia Provincial Cristina Navares, que presidía aquel tribunal con xurado, decidiu disolvelo por considerar que despois de tres días de xuízo e de que pasasen pola sala numerosas testemuñas e peritos "no resulta la existencia de prueba de cargo que justifique" unha condena ao acusado.
O auto destaca que se descoñecen "cuáles fueron las circunstancias de la declaración autoinculpatoria"
Aínda Que a Fiscalía, a Xunta de Galicia e a acusación particular sostuieron o pasado 27 de novembro ante o TSXG que si había probas para xulgalo por un delito de incendio forestal e dous de homicidio imprudente polo que pedían que se repetise o xuízo por xurado, a Sala do Civil e Penal do tribunal galego desestimou todos os recursos presentados. Desta forma, confirma a absolución de Serafín Pardiñas.
O TSXG considera, ao igual que a Audiencia, que as probas achegadas durante o xuízo non valen nin como indicios para xulgar o procesado. Así, a acusación baséase nunha declaración inicial do propio Pardiñas ante a Garda Civil na que se autoinculpaba polo lume e en referencias de veciños da zona que aseguraban telo visto preto do punto no que se iniciou o lume.
Segundo o TSXG, esta autoinculpación non debe terse en conta porque, entre outros motivos, "ni siquiera se intentó unir al acta el testimonio de tal declaración" e descoñécense "cuáles fueron las circunstancias de la declaración autoinculpatoria". En canto aos testemuños dos veciños, "no sirven como indicio para enervar la presunción de inocencia".