Os técnicos de Turismo Rías Baixas aprenden a ser coma Indiana Jones
Por Redacción
Este martes iniciouse na sede de Turismo Rías Baixas, no Palacete das Mendoza, un curso sobre "A pegada do pasado: castros e xacementos arqueolóxicos visitables da provincia de Pontevedra" que terán continuidade, en horario de mañá e tarde, o mércores e o xoves.
Os cursos van dirixidos a guías especializados e técnicos de Turismo e neles participan 40 alumnos. Este martes, imparteu unha charla José Manuel Rey García, director do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro, Patricia Mañana Borrazás, especialista en Megalitismo, e o arqueológo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez.
Rafael Rodríguez explicou a diversidade de xacementos esistentes pois "non son só poblados fortificados senón que hai factorías, santuarios, zonas de almacenaxe, etc.", dixo, e analizou tamén a economía e sociedade da época. Na súa intervención deu a conocer novidosos datos obtidos nas excavacións realizadas pola Deputación de Pontevedra nos castros de A Lanzada (O Grove) e Monte Castro (Ribadumia).
Ademáis, informou que a Deputación empezará a desenvolver en breve un amplio programa de rehabilitación e restauración de 25 castros da provincia, cunha inversión de 2,5 millóns de euros procedentes do 1% de inversión cultural do Ministerio de Fomento.
Destacou tamén que dentro do proxecto "Depodeza" realizaránse en marzo uns encontros sobre a Idade de Ferro en Pontevedra e Lalín con reputados especialistas europeos, e suliñou que a Deputación inclueu os itinerarios dos castros da provincia dentro da Ruta dos Fenicios, un itinerario turístico europeo.
Mañá, intervirán nos cursos un investigador da Universidade de Coimbra, e José Suárez Otero,doutro en Arqueoloxía, e haberá unha visita guiada á Área Arqueolóxica de A Caeira e a mámoas do Rei, no chan de Castiñeiras, e Vilaboa. O xoves, os participantes no curso visitarán o santuario galaico-romano do Facho, en Donón (Cangas de Morrazo), o castro de Adro Vello, en O Grove e a torre de San Sadurniño, en Cambados.
Relacionadas:
-
Ponse en marcha o proxecto de recuperación dos xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Redacción |
-
As Rías Baixas promocionaranse como destino turístico nos Museos Gugenheim, Reina Sofía e Serralves de Oporto
Por Redacción |
-
A vida cotiá na Prehistoria amósase no Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Ante unha réplica exacta de obras de arte ou pezas arqueolóxicas, distinguirías unha orixinal?
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |