Ponse en marcha o proxecto de recuperación dos xacementos arqueolóxicos da provincia
Por Redacción
Os traballos de recuperación e limpeza de 18 xacementos arqueolóxicos de toda a provincia comezarán de inmediato tras a recepción dos traballadores que foi feita polo deputado provincial Santos Héctor.
O proxecto pretende dar un maior alcance á cultura galaico-romana de toda a provincia dende o punto de vista científico e tamén turístico.
As actuacións vanse realizar e 18 localizacións entre os que se atopan: A Lanzada (Sanxenxo); Adro Vello (O Grove); Monte de O Castro (Ribadumia); Castrolandín (Cuntis); A Subidá (Marín); Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa); Alto da Cruz do Castro (Cotobade); Castro de Penalba (Campolameiro) e Castro de Pena Redonda (Ponte Caldelas).
O traballo básico que realizarase nestes asentamentos será a limpeza dos mesmos, o mantemento e conservación das estruturas xa existentes, a acesibilidade e sinalización, a escavación, e a musealización e restauración.
Tamén se pretende facer unha cartografía dixital de todos os asentamentos cunha reprodución en 3D que permita unha mellor comprensión de todos os xacementos.
Por último o proxecto contempla a promoción turística destes xacementos como unha oferta cultural complementaria as xa existentes na provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Deputación paraliza as actuacións nos castros da provincia polo "absoluto deixamento" de Fomento
Por Redacción |
-
Prevén a limpeza, musealización e mellora dos accesos ao xacemento de Castrolandín
Por Redacción |
-
Os técnicos de Turismo Rías Baixas aprenden a ser coma Indiana Jones
Por Redacción |
-
Fomento destinará 5 millóns de euros en 4 anos ao plan de recuperación e posta en valor dos castros
Por Redacción |
-
As Rías Baixas integranse na Ruta dos Fenicios
Por Redacción |