Un prestixioso crítico cata cen viños de Rías Baixas nunha mañá
Por Redacción
O crítico de viños para España da guía 'Wine Advocate', Luis Gutiérrez, catou este luns un total de 102 viños de Rías Baixas na que é a súa primeira visita a esta denominación de orixe.
A selección de viños, que realizou persoalmente, incluía maioritariamente viños da colleita 2013, aínda que tamén catou elaboracións especiais, tintos e escumosos.
Nunha primeira valoración tras a cata, Gutiérrez destacou especialmente as diferenzas que podía detectar nos viños das diferentes subzonas da D.O Rías Baixas, unha diversidade que gabou facendo especial fincapé no uso das variedades autóctonas, que se fai nesta D.O. "Las uvas autóctonas son una ventaja competitiva, es un lujo tenerlas, ya que permiten competir en el mercado con la ventaja de la diferenciación", dixo.
Gutiérrez explicou que a colleita 2013 en Rías Baixas deu lugar a viños lixeiros nun ano que foi moi complicado para a viticultura en toda España pero insistiu en que sempre hai cousas novas.
O catador da Wine Advocate anunciou que volverá en 16 meses a Galicia, aínda que xa en decembro se publicará o artigo coas súas consideracións tras esta viaxe nunha guía como a Wine Advocate, con grande impacto especialmente no mercado dos Estados Unidos, onde Rías Baixas segue tendo un gran camiño que percorrer, xa que "el consumidor estadounidense no tiene tradición de beber vino pero es abierto de mente y ahora demanda vinos atlánticos, frescos; por eso Rías Baixas tiene un gran futuro allí, pero no debe dormirse en los laureles".
Nese sentido, Luís Gutiérrez foi moi claro na aposta pola calidade. "Hay que centrarse en la calidad y la diferenciación, y ahí que los vinos de Rías Baixas tengan un gran futuro siempre que no se metan en la competencia por precio", asegurou.
Aínda que se trata da primeira visita de Luís Gutiérrez á D.O Rías Baixas, é a segunda ocasión na que un crítico da guía de Robert Parker visita esta denominación de orixe, tras a viaxe de Neal Martin en 2012. The Wine Advocate, que conta con máis de 40.000 subscritores é unha das guías máis influentes do mundo, en especial en Estados Unidos, principal país importador dos viños de Rías Baixas.
Relacionadas:
-
Rías Baixas exporta menos cantidade de viño pero a un prezo máis caro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tres prescriptores canadenses enxalzan os viños de Rías Baixas
Por Redacción |
-
Unha adega de Rías Baixas, entre as 100 mellores do mundo
Por Redacción |
-
Os 'british' buscan novos viños das Rías Baixas
Por Redacción |
-
Cata na D.O. Rías Baixas para a obtención da distinción Gallaecia
Por Redacción |