Cata na D.O. Rías Baixas para a obtención da distinción Gallaecia
Por Redacción
A Asociación de Sumilleres Gallaecia desenvolveu na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas unha cata cega coa presenza de 18 expertos de Gallaecia que, durante tres horas, analizaron 175 mostras de viños de adegas da zona.
Segundo explicaba o secretario xeral da Asociación, Alejandro Paadín, trátase dunha primeira fase para recoñecer as elaboracións entre as 500 mostras que se presentaron este ano récord en Galicia, que permita outorgar a distinción. Os que reciban as mellores puntuacións pasarán á fase final, que se celebrará o 1 e 2 de setembro na provincia de Pontevedra.
Paadín indica que a concesión do distintivo Gallaecia permite difundir o viño, sobre todo, cara ao mercado exterior. Na cata desenvolvida na D.O. Rías Baixas encontrábanse hostaleiros de Madrid e de Brasil para analizar a calidade dos caldos. Desta forma, probaron viños brancos, tintos e escumosos, sobre todo da anada de 2013, aínda que tamén cataron viños de anos anteriores.
A entidade entrega anualmente os distintivos ás mellores elaboracións das cinco denominacións de orixe de Galicia, así como ás augardentes e licores baixo selo de garantía.
Relacionadas:
-
Un prestixioso crítico cata cen viños de Rías Baixas nunha mañá
Por Redacción |
-
Convocan un concurso de ideas para deseñar unha imaxe que identifique os viños escumosos Rías Baixas
Por Redacción |
-
Os viños da D.O. Rías Baixas suman 149 galardóns nos concursos nacionais e internacionais
Por Redacción |
-
As Rías Baixas acollerán no 2015 o I Concurso internacional dos Viños Atlánticos
Por Redacción |
-
O prezo dun Rías Baixas case duplica a media doutros viños brancos do resto de España
Por Oskar Viéitez |
-
Rías Baixas presume de ser "el Rafa Nadal de los vinos de España"
Por Oskar Viéitez |