Colas para inscribirse nas escolas deportivas municipais
Por Oskar Viéitez
Dende moi cedo numerosos pais facían cola á porta do Pavillón dos Deportes. A motivo era a inscrición dos nenos nas Escolas deportivas municipais.
Ainda que o horario é de 9 a 13.30 e de 17 a 21.30 de luns a venres, algunhas actividades están moi demandadas e complétanse axiña. ÿ por iso que algúns madrugaron para recoller a ficha de inscrición oficial na oficina do Pavillón, na rúa Juan Manuel Pintos.
Con todo o trámite non remata ata que se devolva a ficha cuberta no mesmo Pavillón, xunto ás fotocopias do participante e do DNI, Seguridade Social ou seguro privado, e xustificante bancario do pagamento. Non quedará a praza ocupada ata que se reciba no Municipal a ficha totalmente cuberta.
O importe a pagar para todo o curso 2014-2015 é de 45 euros por formar parte dalgunha das escolas de atletismo, triatlón, baloncesto, fútbol, fútbol sala, rugby, judo, loita olímpica, tenis, tenis de mesa, xadrez, voleibol, balonmán, ximnasia, ximnasia rítmica, ximnasia artística o trampolín.
Relacionadas:
-
2.181 prazas para as escolas deportivas municipais, cuxo prazo de inscrición abre o luns
Por Diego Espiño |
-
Estudan aliviar o 'overbooking' nos pavillóns municipais usando os do Sánchez Cantón e Politécnico
Por Diego Espiño |
-
A Gimnástica crea unha nova escola deportiva de atletismo ante a alta demanda de solicitudes
Por Redacción |
-
O Pontevedra crea unha escola de fútbol para nenos de 4 a 7 anos
Por Diego Espiño |
-
O luns 15 abre o prazo de solicitude para as Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción |