A Gimnástica crea unha nova escola deportiva de atletismo ante a alta demanda de solicitudes
Por Redacción
A alta demanda de prazas para a Escola Deportiva Municipal de atletismo provocou que a Sociedad Gimnástica pense na creación dunha segunda escola para o presente curso.
A intención do club pontevedrés é absorver unha demanda que supera folgadamente xa o centenar de prazas en 10 días de inscrición.
A escola promovida polo Instituto Municipal de Deportes (IMD) conta con 170 prazas de atletismo, polo que se activará esta alternativa en caso de ser necesario, anuncia o club pontevedrés, cunhas condicións similares á escola municipal.
Dende o 1 de outubro ás 18:00 horas, data na que os nenos están citados no Pavillón Municipal dos Deportes para iniciar os adestramentos, a escola de atletismo iniciará a súa andaina con citas todos os luns, mércores e venres ata o mes de maio.
Durante o pasado curso os atletas participaron nunha trintena de competicións supervisados polos adestradores da Sociedad Gimnástica.