O luns 15 abre o prazo de solicitude para as Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción
O prazo de inscrición para participar nas Escolas Deportivas Municipais do Concello de Pontevedra ábrese o próximo luns, día 15 de setembro, cunha oferta total de 1.830 prazas para nenos entre 4 e 14 anos nas 16 disciplinas deportivas dispoñibles.
A partir das 9:00 horas poderanse presentar as solicitudes no Pavillón Municipal dos Deportes, inscricións que se tramitarán por orde de presentación ata completar as prazas nas distintas especialidades.
O custo da matrícula é de 45 euros para toda a tempada debido á subvención de 50 euros da concellaría de Deportes.
Entre as novidades encóntrase a duplicación das prazas de tríatlon ou a marcha atlética, que pasa a impartirse dende o prinicipio de curso. Ademais a oferta complétase cos cursos de iniciación e perfeccionamento de natación que se imparten na piscina de Campolongo.
O reparto de prazas e disciplinas deportivas é o seguinte:
DISCIPLINA | PLAZAS |
Fútbol | 278 |
Baloncesto | 240 |
Balonmano | 200 |
Fútbol-sala | 177 |
Atletismo | 170 |
Ximnasia rítmica | 150 |
Tenis | 140 |
Rugby | 90 |
Xadrez | 75 |
Voleibol | 70 |
Judo | 60 |
Ximnasia artística / Trampolín | 60 |
Gimnasia | 45 |
Tenis de mesa | 30 |
Tríatlon | 30 |
Loita olímpica | 15 |
Os clubes que se encargan da xestión destas escolas deportivas son: AJ Lérez, Portero 2000, SD Monte Porreiro, Salgueiriños e SCD Salcedo (fútbol); Leis, Xeve e SCD Salcedo (fútbol sala); Arxil e CB Estudiantes (baloncesto); Treboada, Vagalume e Rías Baixas (ximnasia rítmica); Cisne e SD Teucro (balonmano), Mareantes e Pontevedra RC (rugby), Casino Mercantil e Club de Tenis Pontevedra (tenis), Sociedad Gimnástica (atletismo), Club Voleibol Pontevedra, Club Ximnasia Pontevedra, Tenis de mesa Monte Porreiro, Escola Xadrez Pontevedra, Judo Club Pontevedra, Club de Loita Pontevedra e a Federación Galega de Tríatlon.