2.181 prazas para as escolas deportivas municipais, cuxo prazo de inscrición abre o luns
Por Diego Espiño
O próximo luns 14 de setembro abre o prazo de inscricpción para as escolas deportivas municipais de Pontevedra, agás para as modalidades de fútbol e fútbol-sala, que se atrasa un día para evitar aglomeracións nas oficinas do Instituto Municipal de Deportes no Pavillón Municipal.
Nesta ocasión será 17 as modalidades deportivas ofertadas, coa novidade da esgrima, que se une á ampla oferta existente con 2.181 prazas e 32 clubs da cidade implicados.
As escolas deportivas contan esta tempada cun presuposto de 108.000 euros e a "prioridade de fomentar o deporte base, que é saúde e benestar", explicou a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.
A inscrición terá un custo de 50 euros "para todas e cada unha das escolas e cun pagamento único e anual".
Coa experiencia previa doutros anos, espérase cubrir a totalidade das prazas en deportes como o fútbol, baloncesto ou balonmán e rozar o cheo no resto de modalidades, e é que "a porcentaxe sen cubrir pode ser do 10%", sinalou a responsable municipal.
O horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas, podendo solicitar información a través do correo electrónico imdadministracion@pontevedra.eu ou non teléfono 986 872 013.
Consulta aquí todas as modalidades deportivas e o número de prazas dispoñible en cada unha delas.
Relacionadas:
-
O IMD aproba subir as subvencións aos clubs que organizan escolas deportivas
Por Redacción |
-
Máis de 1.400 nenos inscribíronse xa nas Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Largas colas nas oficinas do IMD na apertura do prazo de inscrición para as escolas deportivas
Por Diego Espiño |
-
Colas para inscribirse nas escolas deportivas municipais
Por Oskar Viéitez |