Máis de 1.400 nenos inscribíronse xa nas Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Alto ritmo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais de Pontevedra cando aínda resta case un mes para que se peche o prazo de anotación.
Ata o momento foron xa máis de 1.400 nenos os confirmados nas diferentes modalidades deportivas, o que supón un incremento con respecto ao pasado ano.
Catro clubs cubriron a totalidade das prazas: Escola de Fútbol Portero 2000, Club Ximnasia Rías Baixas, Judo Club Pontevedra e Club Treboada Ximnasia Rítmica.
O resto, ata completar os 32 que participan no programa do Instituto Municipal de Deportes, teñen aínda prazas dispoñibles, ata chegar ao total de 2.181 ofertadas para este curso en 17 modalidades: atletismo, tríatlon, baloncesto, esgrima, fútbol, fútbol sala, voleibol, balonmano, tenis, tenis de mesa, xadrez, rugby, judo, loita olímpica, ximnasia, ximnasia rítmica e ximnasia artística/trampolín.
As persoas interesadas en inscribir aos seus fillos deben acudir ás oficinas do IMD no Pabellón Municipal de luns a venres en horario de 9:00 a 13:00 e de 16:30 a 19:00 horas, chamar ao teléfono 986 872 013 ou escribir ao correo electrónico imdeadministracion@pontevedra.eu.
NOVA ESCOLA DE BALONCESTO
O IMD chegou a un acordo para ofertar unha nova escola deportiva en colaboración co Club Amigos do Baloncesto de Pontevedra.
Se habilitan un total de 120 prazas, polo que o número total de ofertadas ascende a 2.301, ademais de sumarse ás escolas unha nova entidade deportiva.
Relacionadas:
-
O IMD aproba subir as subvencións aos clubs que organizan escolas deportivas
Por Redacción |
-
Largas colas nas oficinas do IMD na apertura do prazo de inscrición para as escolas deportivas
Por Diego Espiño |
-
2.181 prazas para as escolas deportivas municipais, cuxo prazo de inscrición abre o luns
Por Diego Espiño |