Largas colas nas oficinas do IMD na apertura do prazo de inscrición para as escolas deportivas
Por Diego Espiño
A apertura do prazo de inscripción nas escolas deportivas municipais xerou este luns, a primeira hora da mañá, longas colas nas oficinas do IMD, no Pavillón Municipal dos Deportes.
A ringleira de pais que acudiron ao Instituto Municipal de Deportes chegou a dar a volta á pista do pavillón.
O prazo abriuse este luns para todas as modalidades deportivas salvo para as de fútbol e fútbol sala, cuxa inscripción comeza este martes, todas elas cun prezo único de 50 euros.
Nesta ocasión son 17 as modalidades ofertadas con 2.181 prazas, sendo o horario para anotarse de 9:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas.
O PARTIDO POPULAR CRITICA AO CONCELLO POR FALTA DE PREVISIÓN
A imaxe de longas colas provocou a crítica do grupo municipal do Partido Popular ante o que entenden como "falta de previsión".
"Comparezco triste y dolido por la imagen que ha dado el IMD", explicou Tomás Abeigón antes de sinalar que "la concejala tendría que pedir disculpas".
Para Abeigón sería necesario reformular as incricións para simplicar o trámite, posto que os pais tras encher o formulario tiñan que acudir a unha entidade bancaria a formalizar o pago para volver ás oficinas do IMD.
Outra solución para os populares sería "que las inscripciones pudiesen realizarse un sábado para no afectar a la jornada laboral" dos pais, sinalou ante os medios de comunicación.
Relacionadas:
-
O IMD aproba subir as subvencións aos clubs que organizan escolas deportivas
Por Redacción |
-
Máis de 1.400 nenos inscribíronse xa nas Escolas Deportivas Municipais
Por Redacción | Creada e actualizada
-
2.181 prazas para as escolas deportivas municipais, cuxo prazo de inscrición abre o luns
Por Diego Espiño |