Estudan aliviar o 'overbooking' nos pavillóns municipais usando os do Sánchez Cantón e Politécnico
Por Diego Espiño
O Concello de Pontevedra pretende chegar a un acordo coa Consellería de Educación para regularizar o uso dos pavillóns do IES Sánchez Cantón e o IES Frei Martín Sarmiento, coñecido como o Politécnico, para aliviar a saturación existente noutras instalacións municipais.
A idea da concellaría de Deportes é que as escolas deportivas e os clubs da cidade poidan ocupar as horas dispoñibles nos pavillóns dos centros educativos.
Actualmente o Instituto Municipal de Deportes xestiona as horas de ocupación dos pavillóns Municipal, Multiúsos, Monte Porreiro, Lérez, Marcón e Salcedo, e se utilzan ademais Xunqueira I e II, non obstante a cantidade de disciplinas deportivas fai difícil cadrar as horas para os diferentes adestramentos e competicións. Tamén hai que sumar os convenios dalgúns clubs coa Universidade para usar o seu pavillón, o Centro Galego de Tecnificación Deportiva e Deputación, para utilizar Príncipe Felipe.
Este acordo necesita o visto e prace de educación, un convenio que espera regularizarse de cara a un uso pleno no próximo curso lectivo.
Agustín Fernández: "La solución sería un pabellón con capacidad para 1.000 o 1.200 personas, pero es ahora es imposible"
Malia que esta solución "aliviaría algo" o déficit de infraestruturas deportivas na cidade, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández entende que "no es la solución definitiva, eso pasa por un pabellón con capacidad para 1.000 o 1.200 personas, pero eso ahora mismo es imposible".
Por outra parte o Concello traballa xa no proxecto de reparación da deteriorada cuberta do Pavillón Municipal dos Deportes, unha obra de importante calado que espera estar en condicións de realizar durante o verán de 2015, porque segundo Fernández "la cubierta está en condiciones complicadas, va a aguantar este invierno pero se hace necesario tomar decisiones pronto".
NOVOS CAMPOS DE FÿTBOL DE HERBA SINTÿTICA
Por outra parte Agustín Fernández, ante as peticións realizadas polos clubs de Salcedo, Campañó e Cerponzóns, recoñeceu tamén a necesidade de acometer a construción de "dos campos de fútbol más de hierba sintética", se ben todo o que se faga, segundo o concelleiro, pasa por colaborar coa Deputación.
Relacionadas:
-
Case 100.000 euros para a reforma da cuberta do IES Sánchez Cantón
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Concello de Pontevedra solicita á Deputación tres novos campos de herba sintética
Por Oskar Viéitez |
-
Alumnos do Instituto Frei Martín Sarmiento visitan o Parlamento Europeo invitados por Pepe Blanco
Por Redacción |
-
Colas para inscribirse nas escolas deportivas municipais
Por Oskar Viéitez |