Denuncian múltiples casos de abandono de cachorros e cadelas preñadas no rural pontevedrés
Por Redacción
Chega a tempada estival e con ela, lamentan as protectoras de animais, aumentan exponencialmente o abandono de mascotas domésticas. ÿ o que Adopciones Galicia detectou no rural pontevedrés durante as últimas semanas. Aseguran terse encargado de "múltiples casos" de abandonos de cachorros e cadelas preñadas, recollidas por voluntarios desta asociación nun precario estado de saúde.
Os últimos casos foron os de dous cachorros de dous meses e medio, bautizados como Ginger e Keko, que foron abandonados en Carballedo (Cotobade), ou o doutra cría de apenas catro meses á que encontraron nunha pista forestal de Santa María de Fragas (Campolameiro). A falta de coidados e alimentación neste último caso a punto estivo de custarlle a vida ao animal, que está a ser tratado pola asociación para curar as súas feridas.
Ante estes casos, Adopciones Galicia insiste en que ter unha mascota "non" é unha obriga, pero si unha responsabilidade" e recomendan aos futuros donos que "se non podes coidala, non a teñas". Por iso, a asociación quere facer un chamamento para que aquelas persoas que teñan coñecemento de episodios de maltrato ou abandono o denuncien ante o Seprona ou a calquera asociación protectora.
E se importante é a loita contra o abandono destes animais, non menos o é decidir colaborar con estas protectoras e adoptar os cans que teñen en custodia. Por iso, este sábado 21 de xuño celebrarase o Día da Adopción. De 11.00 a 20.00 horas, instalarase un mercado solidario na Praza de Ourense (Pontevedra) co que poder colaborar cos gastos desta asociación e iniciar, se é o caso, os trámites para adoptar un destes animais abandonados.
En todo caso, dende Adopciones Galicia facilítanse varios teléfonos de contacto para aqueles que estean interesados en adoptar un can. Pódese contactar con eles a través do 670 32 75 60 e do 660 81 70 79.
Relacionadas:
-
Os Palleiros, Adopcións Galicia e Difusión Felina coinciencian aos pontevedreses sobre a adopción de animais
Por Diego Espiño |
-
Promoven a adopción de cans este sábado na Praza de Ourense
Por Redacción |
-
Os abandonos de cadelas con cachorros disparan a poboación do refuxio: 201 animais en cinco meses
Por Natalia Puga |
-
Denuncian un "notable incremento" do abandono de cadelas coas súas camadas
Por Redacción |