
© Mónica Patxot
Deitados para protestar contra o peche de 200 camas nos hospitais pontevedreses no verán
Un grupo de vinte delegados sindicais tombáronse nas escaleiras do Hospital Provincial durante o mediodía deste mércores 14 como acto de protesta en contra do peche de camas que o SERGAS acometerá a partir do mes de xuño nos hospitais públicos de Galicia. En concreto, os representantes sindicais sitúan en 200 as camas que serán pechadas nos hospitais Provincial, Montecelo e O Salnés.
A voceira do sindicato Omega, Carmen Revenga, indicaba que con esta protesta van iniciar unha serie de mobilizacións ante a política que está a desenvolver a Consellería de Sanidade pechando camas durante o verán mentres que os hospitais privados concertados manteñen os seus concertos coa Xunta de Galicia e liberan as listas de espera que existen na pública. Unha medida que, segundo denuncia a representante sindical, afecta tanto aos usuarios coma aos traballadores porque se están a levar "los recursos de los medios públicos, de manera sibilina, hacia la sanidad privada".
Por este motivo, os mércores 21 e o 28 deste mes, durante o mediodía, realizarán unha nova concentración á que esperan que se sumen os traballadores dos centros hospitalarios e tamén os usuarios. Carmen Revenga insistía en que en Galicia se pretende realizar a mesma política sanitaria privatizadora que se intentou na capital de España: "En Madrid se realizaron grandes manifestaciones porque de un plumazo se quería cerrar todo pero aquí son más sibilinos, van poquito a poco: cierro esterilización, ahora no contrato, voy cerrando agendas en primaria, camas hospitalarias... y vamos quedándonos con un palmo de narices. Nos están llevando al paredón". .
Xermán Rouco do sindicato CIG destacou que en Galicia nunca se pecharon tantas camas como a cifra prevista para este verán que alcanza a cifra de 1.200, duascentas delas nos hospitais de Pontevedra e O Salnés entre os meses de xuño e outubro: "ÿ un delito porque temos máis de 38.000 pacientes en lista de espera en todo o país. Non hai ningunha negociación cos profesionais. ÿ un recorte puro e duro. Facemos un chamamento de atención á toda a sociedade para que participen".
Pola súa parte, Cándido Sartier do sindicato Traballadores para a Sanidade Pública (TSP) sumouse á protesta pero sen deitarse nas escaleiras sinalando que "aquí deberían estar de rodillas as autoridades sanitarias pola falta de sensibilidade coa cidadanía. Recórtanse camas nos centros públicos pero, en cambio, nos centros privados concertados mantéñense os concertos, non se pechan camas e seguen contratando xente durante o verán".
Protesta sindical contra o peche de camas
© Mónica Patxot
Os sindicatos denuncian o traslado de medios da sanidade pública á privada
Carmen Revenga. Sindicato Omega
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Os sindicatos critican o peche de camas durante o verán nos Hospitales públicos
Xermán Rouco. CIG
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Os sindicatos denuncian que se manteñan os concertos coa sanidade privada durante o verán
Cándido Sartier. TSP
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Denuncian listas de espera de máis dunha semana para o médico de cabeceira
Por Redacción |
-
Protesta de SOS Sanidade no Hospital contra o peche de camas durante o verán
Por Redacción |
-
Protesta contra o "récord histórico" do peche estival de camas hospitalarias
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha concentración cidadá contra o peche de camas nos Hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Os hospitais de Pontevedra e O Salnés pecharán o 14% de camas en verán
Por Redacción |