Protesta de SOS Sanidade no Hospital contra o peche de camas durante o verán

Por Redacción
SOS Sanidade Pública reuniu ao redor de oitenta persoas na concentración contra o peche de camas hospitalarias durante os meses de verán. A protesta realizouse a última hora da tarde deste xoves no Hospital Provincial encabezada por unha pancarta na que se recollía unha chamada aos cidadáns para que actúen en defensa da sanidade pública: "Defendamos hoxe a Sanidade Pública. Mañá será tarde".
Os representantes sindicais denuncian o peche de 1.200 camas durante este verán nos centros hospitalarios públicos de Galicia e relacionan esta actuación cos recortes e a tendencia á privatización da sanidade. Sinalan, ademais, que en Pontevedra a situación se agrava pola carencia de camas na área de psiquiatría.
No comunicado ao que se deu lectura ao termo da concentración alertábase de que as listas de espera chegan ao ano 2016 e que o peche de camas durante este verán aumentará esas listas nun 21%.
O colectivo SOS Sanidade Pública defende que se impulsen medidas lexislativas que eviten a privatización do sistema sanitario a través de novas formas de xestión.
A concentración contou coa presenza de representantes políticos como as concelleiras Carmen Fouces e Pilar Comesaña, o presidente da Federación de Veciños Castelao, Verísimo Pazos ou dirixentes sindicais como o secretario comarcal de CIG, Marcos Conde, ademais de diferentes representantes do sector sanitario.
Relacionadas:
-
SOS Sanidade Pública convoca unha nova manifestación contra os recortes sanitarios
Por Redacción |
-
Denuncian listas de espera de máis dunha semana para o médico de cabeceira
Por Redacción |
-
A espera media para unha operación cirúrxica sitúase en 31 días nos hospitais de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Protesta contra o "récord histórico" do peche estival de camas hospitalarias
Por Oskar Viéitez |
-
Convocan unha concentración cidadá contra o peche de camas nos Hospitais de Pontevedra
Por Redacción |
-
Deitados para protestar contra o peche de 200 camas nos hospitais pontevedreses no verán
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Os hospitais de Pontevedra e O Salnés pecharán o 14% de camas en verán
Por Redacción |