Condena de cinco anos de prisión para un veciño de Pontevedra por abusar das súas fillastras
Por Redacción
A Sección Cuarta de la Audiencia Provincial acaba de condenar un veciño de Pontevedra, R.R.D.S., nado en Brasil hai 39 anos, por abusos sexuais ás súas dúas fillastras coas que convivía na cidade do Lérez.
A sentenza considera como "feitos probados" que o acusado agrediu sexualmente a unha das menores un delito polo que lle impoñen 5 anos de prisión, igualmente considérao autor dun delito continuado de abusos sexuais na persoa doutra das fillas da súa muller polo que o condenan a unha pena de 3 anos.
O fallo do tribunal provincial inclúe unha orde de afastamento do acusado con respecto ás vítimas de cinco anos e unha indemnización de 6.000 euros para cada unha delas.
Durante o xuízo o procesado negou os feitos, pero recoñeceu que si instalou unha cámara de vídeo no baño para gravar unha das nenas.
O procesado estaba casado coa nai das nenas, pero elas non eran as súas fillas (a parella tiña en común un fillo varon moito menor) e viviron con eles practicamente dende o inicio do matrimonio.
A sentenza recolle que os episodios de abusos comezaron cando unha das nenas tiña doce anos e a outra nena dez anos. No caso desta última os abusos prolongáronse durante un lustro, ata que se denunciou o caso.
O tribunal valorou especialmente a "persistencia na incriminación e a ausencia de contradicións relevantes" nos testemuños prestados a porta pechada no xuízo polas dúas vítimas. Explican que ambas as dúas "dende o inicio das súas denuncias manteñen a mesma versión do acontecido e no plenario móstranse absolutamente convencidas de todo iso, transmitindo a impresión de sinceridade e claridade".
Relacionadas:
-
Confirman a pena de prisión por agresión e abusos sexuais para o 'rei Baltasar' de Mourente
Por Redacción |
-
Apartan das actividades da Cultural de Mourente o violador que fixo de Rei Baltasar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Un veciño de Pontevedra nega que abusase das súas fillastras, pero recoñece que instalou unha cámara no baño dunha
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |