Un veciño de Pontevedra nega que abusase das súas fillastras, pero recoñece que instalou unha cámara no baño dunha
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O veciño de Pontevedra R.R.D.S. negou este martes na Audiencia de Pontevedra que durante anos abusara sexualmente das fillas da súa esposa como elas denunciaron tempo despois, pero recoñeceu que si realizou unha das accións que lle reprocha a fiscal: instalou unha cámara de vídeo no baño para gravar unha das nenas.
A Fiscalía e a acusación particular acusan este home de abusar sexualmente das súas dúas fillastras menores de idade dende 1999 nun domicilio da rúa Echegaray, primeiro da nena de maior idade (cando tiña 12 anos) e logo da outra (que tiña 10). O Ministerio Público solicita para el seis anos de prisión e a prohibición de achegarse ás mozas, actualmente xa maiores de idade, durante un prazo de tres anos a contar tras a súa saída do cárcere.
O home sinalou que "nunca" fixo tocamentos ás súas dúas fillastras, non entraba no cuarto da menor delas para vela nua cando se vestía nin se meteu na cama da outra. Non obstante, si recoñeceu que deixou a cámara de vídeo no baño da maior das rapazas, pero xustificou que o fixo co consentimento da súa entón esposa e nai das menores.
Segundo declarou, acordou coa súa esposa poñer a gravar a cámara porque a nena estaba a presentar problemas de hixiene e querían "comprobar" se se duchaba. "En aquel momento ni su madre ni yo vimos otra forma", explicou.
O acusado declarou que el e a súa esposa gravaron a nena no baño para "comprobar" se se duchaba
Ademais, recoñeceu que houbo un día en que a nena de menor idade o sorprendeu vendo un película pornogáfica de noite no salón da súa casa e quedou "con cara de susto", pero el mesmo desculpouse con ela ao día seguinte "porque no me parecía normal". Asegura que eses feitos os coñecía a súa esposa e que máis tarde tamén pediu perdón á nena nunha carta manuscrita.
O procesado estaba casado coa nai das nenas, pero elas non eran as súas fillas (a parella tiña en común un fillo varou moito menor) e viviron con eles practicamente dende o inicio do matrimonio. A maior quedouse a vivir en Brasil, pero en 1999 viaxou a Ponteveda de vacacións e en 2000 mudouse. Compartía vivenda con eles a irmá pequena do acusado.
A convivencia prolongouse ata o ano 2002, cando a parella se mudou a vivir á rúa San Antoniño e a filla de maior idade cambiouse para vivir coa súa avoa. Segundo o procesado, tiveron "buena relación" en xeral, "familiar, normal, de padre a hija", pero recoñece que a nena puido irse a outra casa porque tiñan "demasiados desecuentros en casa, con discusiones", a maioría relacionados coas tarefas domésticas. A outra menor seguiu na casa e supostamente seguiu realizándolle abusos.
A relación do acusado coa súa muller continuou ata o ano 2007, cando as nenas lle relataron os abusos ás que supostamente lles someteu o home durante os anos previos. Nese momento, ela separouse.
O home foi xulgado na Sección Cuarta de la Audiencia nun xuízo no que o acusado declarou en audiencia pública, pero as súas vítimas a porta pechada para preservar a súa intimidade.
Relacionadas:
-
Apartan das actividades da Cultural de Mourente o violador que fixo de Rei Baltasar
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Condena de cinco anos de prisión para un veciño de Pontevedra por abusar das súas fillastras
Por Redacción |
-
Solicitan seis anos de cárcere para un home acusado de abusar sexualmente das súas dúas fillastras
Por Redacción |