Confirman a pena de prisión por agresión e abusos sexuais para o 'rei Baltasar' de Mourente
Por Redacción
Rogelio R.D.S., o brasileiro afincado en Pontevedra, que fixo do rei Baltasar no festival infantil da Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente deberá entrar en prisión. O Tribunal Supremo confirmou a sentenza emitida pola Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra pola que se lle condena como autor dun delito continuado de agresión sexual e outro de abusos sexuais cara ás súas fillastras entre 1999 e 2007.
Segundo informan Diario de Pontevedra e Faro de Vigo, o Alto Tribunal desestima o recurso presentado polo acusado. Só atenderon un dos argumentos esgrimidos pola súa defensa, no que alegaban o atenuante de dilacións indebidas, é dicir, que se produciran atrasos na instrución do caso que terían afectado á súa situación persoal.
ÿ por iso que o Tribunal Supremo rebaixa a condena inicial en seis meses, tres por cada un dos delitos, polo que finalmente Rogelio R.D.S. deberá cumprir unha pena de sete anos e medio de prisión.
O fallo mantén unha orde de afastamento do acusado con respecto ás vítimas de cinco anos, que empezarán a contra unha vez abandone o cárcere, e unha indemnización de 6.000 euros para cada unha delas en concepto de responsabilidade civil e polos danos morais causados.
A sentenza xa foi comunicada á Audiencia pontevedresa, encargada agora de dar a orde para que se execute o fallo e se ordene o seu ingreso en prisión.