Moreira queda só no seu posicionamento fronte ao goberno local de Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Os grupos do Bloque, PSdeG rexeitaron a moción presentada polo Partido Popular no seu posicionamento fronte ao goberno local de Vigo e en apoio á reforma xudicial promovida polo ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón. A concelleira non adscrita María Biempica, abstívose.
Dende os grupos do BNG e PSOE sinalaron o "difícil equilibrio" que supoñía esta moción en apoio da capitalidade xudicial, xa que o PP provincial demanda un tribunal de instancia para cada unha das sete grandes cidades galegas, co engadido de reclamar unha sede desprazada en Lalín e Vilagarcía para que os xulgados manteñan a súa actividade e actual nivel de servizos.
O PP cre que calquera reforma xudicial só pode pasar polo mantemento de Pontevedra como referencia e cabeceira administrativa na provincia. Jacobo Moreira esixía ao pleno unha defensa "sen ambigüidades" da capitalidade xudicial fronte á mobilización da corporación local de Vigo, incluído o PP de José Manuel Figueroa, xa que segundo Moreira "Vigo aspira a relegar a Pontevedra" aproveitando o anteproxecto de lei.
O socialista Agustín Fernández criticou o "torpe discurso" de Moreira por ser "absolutamente incoherente". "De quen nos temos que defender? Quenes son os que atacan a Pontevedra? Non serán os seus do Partido Popular, igual é que tamén quere pasarse o grupo dos non adscritos", dixo o edil do PSdeG para invitalo a que defenda á capital esixindo investimentos á Xunta e en Madrid.
Pola súa banda, o concelleiro Vicente García Legísima (BNG) destacou que en Galicia a devandita medida supoñería a supresión de 41 partidos xudiciais ademais de constituír unha profunda alteración do funcionamento da Xustiza, da accesibilidade e os cidadáns a esta e dos custos derivados.
O BNG presentou a súa propia moción contraria á "política xudicial profundamente lesiva para os cidadáns que pretende u Partido Popular" e recorda que o anteproxecto proposto por Ruiz Gallardón é inaplicable, entre outras razóns, ao carecer dunha dotación económica que permita o seu desenvolvemento. A moción nacionalista foi aprobada co apoio do PSdeG.
Relacionadas:
-
Louzán convoca a 13 alcaldes para intentar paralizar a reforma xudicial de Gallardón
Por Redacción |
-
O Pleno da Deputación esixe por unanimidade a retirada da reforma xudicial de Gallardón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira alerta sobre a lectura controvertida que se está a facer desde Vigo da nova Lei de planta xudicial
Por Oskar Viéitez |
-
Tomás Fole tamén se rebela ante o novo mapa xudicial
Por Redacción |
-
O PSOE provincial defende a chamada á mobilización de Abel Caballero polo novo mapa xudicial
Por Diego Espiño |
-
O PP local traslada o seu apoio ao novo mapa xudicial "porque beneficia a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Lores pide ao alcalde de Vigo que evite debates localistas con motivo da capitalidade xudicial
Por Redacción |