Tomás Fole tamén se rebela ante o novo mapa xudicial
Por Redacción
O alcalde popular de Vilagarcía, Tomás Fole, mostrou a súa preocupación ante as medidas que recolle o anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial, que promove o ministro de Xustiza, Alberto Ruíz-Gallardón. O rexedor teme que as repercusións desta Lei sexan negativas para a cidade ante a desaparición prevista de 41 dos 45 partidos xudiciais de Galicia e, por este motivo, solicitou xa unha entrevista urxente co vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, coa intención de abordar o futuro do partido xudicial de Vilagarcía.
Fole ten previsto convocar tamén os representantes da avogacía e da administración xudicial local para os efectos de coñecer a súa avaliación sobre as medidas recollidas neste anteproxecto e a forma na que afectaría á oitava cidade de Galicia e cabeceira da bisbarra do Salnés.
Segundo o goberno local de Vilagarcía, o alcalde extraerá conclusións destas entrevistas e adoptará as medidas que se consideren oportunas co obxectivo de garantir o bo funcionamento da administración xudicial na cidade para ofrecer unha xustiza eficaz aos usuarios.
Relacionadas:
-
O Pleno da Deputación esixe por unanimidade a retirada da reforma xudicial de Gallardón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira queda só no seu posicionamento fronte ao goberno local de Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Moreira alerta sobre a lectura controvertida que se está a facer desde Vigo da nova Lei de planta xudicial
Por Oskar Viéitez |
-
O PP local traslada o seu apoio ao novo mapa xudicial "porque beneficia a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez |
-
Vigo inicia unha ofensiva para ser a sede principal do poder xudicial de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |