O PP local traslada o seu apoio ao novo mapa xudicial "porque beneficia a Pontevedra"
Por Oskar Viéitez
A reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial impulsada por Gallardón e aprobada o pasado venres polo Goberno que preside Mariano Rajoy, encontrou un aliado no PP de Pontevedra. O voceiro popular, Jacobo Moreira, explicou que á marxe doutras consideracións positivas, resulta "manifiestamente obvio que no perjudica, sino todo lo contrario", aos intereses da cidade de Pontevedra.
Jacobo Moreira enviou unha mensaxe directa ao alcalde de Vigo, o socialista, Abel Caballero, "tiene que asumir que Pontevedra es y seguirá siendo la capital de la provincia, con independencia de que en un momento dado el interés ciudadano recomiende una distribución de los servicios administrativos más o menos centralizada".
Moreira demandou publicamente a unidade da cidade a favor dunha iniciativa que "es muy buena para Pontevedra se mire como se mire puesto que es la capital de la provincia y van a seguir siéndolo, y por el tanto tiene asegurada una de la sedes principales de los denominados tribunales de Instancia".
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación deste mércores, o voceiro popular recordou que en 1999, cando se concretou a segregación da Audiencia, Fernández Lores aproveitou a corrente localista para achegarse á Alcaldía, que finalmente conseguiu. "Lo que sería incomprensible es que ahora no defienda este proyecto porque Pontevedra tiene mucho que ganar, insisto, sin perjudicar a los vecinos de ninguna otra villa o ciudad".
Neste sentido, Moreira criticou tanto Lores como ao socialista Louro "por dimitir de sus responsabilidades en la defensa de los intereses de la ciudad".
A maiores, referiuse ao carácter administrativo de Pontevedra fronte aos sinais de identidade doutras localidades, como o caso do turismo con Sanxenxo, o porto en Marín ou a importante actividade industrial de Vigo.
Relacionadas:
-
Moreira queda só no seu posicionamento fronte ao goberno local de Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tomás Fole tamén se rebela ante o novo mapa xudicial
Por Redacción |
-
Besteiro asegura unha demarcación única con cabeceira en Pontevedra "afasta a xustiza dos cidadáns"
Por Oskar Viéitez |
-
Os funcionarios da Parda, en contra da reforma xudicial
Por Diego Espiño |
-
Lores pide ao alcalde de Vigo que evite debates localistas con motivo da capitalidade xudicial
Por Redacción |
-
Vigo inicia unha ofensiva para ser a sede principal do poder xudicial de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |