A Policía alerta da presenza de falsos revisores de gas
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría Provincial de Pontevedra, detectaron nuevamente na cidade a modalidade coñecida como "estafa do gas".
O método que levan a cabo é presentarse nun domicilio particular, xeralmente de persoas de idade avanzada, coa intención de realizar unha revisión da instalación acreditándose cun carné dunha empresa relacionada co gas.
Unha vez dentro proceden a realizar reparaciones innecesarias, cobrándoas e ata tratando de realizar contratos de mantemento da condución do gas de cinco anos de duración.
Así ocorreu nun dos casos detectados o día 4 de abril, cando se presentou denuncia na Comisaría por parte do fillo dunha veciña dunha vivenda sita en Lérez que recibiu a visita de dous supostos traballadores de Repsol que viñan facer a revisión do gas.
Segundo informan desde a Policía Nacional, a muller estrañouse un pouco porque o vehículo, un coche branco, non presentaba ningún distintivo que lle acreditase como pertencente á citada compañía.
Ante as sospeitas púxose en contacto co seu fillo que decidiu comprobar tal extremo chamando á compañía Repsol, que lle aclarou que eles non tiñan a ninguén traballando na zona e que "ademais avisan con antelación cando teñen que efectuar a correspondente revisión".
O denunciante pediulles xa que logo aos supostos técnicos que se foran do lugar tras tratar de xeito infrutuoso que se acreditasen, abandonando o lugar de malos modos.
Relacionadas:
-
Dous falsos revisores do gas estafan dúas veces nun mesmo día a unha octoxenaria pontevedresa
Por Oskar Viéitez |
-
Un falso revisor do gas estafa 160 euros a unha pontevedresa de 76 anos soa na casa
Por Natalia Puga |
-
Volve á cidade a estafa do falso técnico do gas, que agora tamén se fai pasar por revisor da luz
Por Redacción |
-
A Policía identificou en Vilaxoán a tres falsos revisores do gas
Por Redacción |
-
Falsos revisores do gas intentan estafar os pontevedreses
Por Redacción |