Salvamento pospón ata finais de semana a busca submarina no pecio do 'Mar de Marín'
Por Redacción
A busca dos mariñeiros Manuel Domínguez Mallo, de Marín, e Alexander Nketiah, de Ghana, desparecidos tras o afundimento do pesqueiro 'Mar de Marín' na madrugada do martes 1 de abril, retomouse este domingo con medios aéreos e marítimos por sexto día consecutivo, pero ata finais da próxima semana non poderán facerse inspeccións submarinas na zona na que está o pecio.
Segundo informou Salvamento Marítimo, as operacións submarinas requiren unhas condicións marítimas favorables que non se dan nesta xornada nin se prevén para as seguintes. Polo tanto, o operativo de mergullo continuarase a finais da semana que vén, cando se prevé unha melloría do mar.
O dispositivo de busca dos dous desaparecidos do arrastreiro estará formado na xornada do domingo polo helicóptero da Xunta de Galicia 'Pesca 1', con base en Peinador, e a embarcación de Salvamento Marítimo 'Salvamar Mirach', con base en Cangas.
A zona de busca centrarase nas entradas das rías de Vigo e Pontevedra, seguindo o modelo de predición de derivas.
Relacionadas:
-
Recuperado un cadáver no pecio do Mar de Marín
Por Redacción |
-
Remata sen éxito a quinta xornada de busca dos dous desaparecidos no naufraxio do 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
Tercer día de busca dos desaparecidos do 'Mar de Marín'
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Todo fue muy rápido", aseguran os sobreviventes do afundimento do pesqueiro 'Mar de Marín'
Por Redacción |