Tercer día de busca dos desaparecidos do 'Mar de Marín'
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este xoves continúa á busca de dous mariñeiros desaparecidos logo do naufraxio do pesqueiro 'Mar de Marín' nas rías de Vigo, Pontevedra e Arousa por parte de Salvamento Marítimo. Ambos os dous están a ser buscandos en superficie por medios aéreos e marítimos e pola tarde seis buzos dos GEAS da Garda Civil e de Salvamento descenderon ao pecio, situado a 57 metros de profundidade ao sudeste das Illas Cíes.
Os traballos de busca realízanse con barcos e helicópteros de Salvamento Marítimo, a Xunta, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Armada para intentar localizar a Alexander Nketiah, o mariñeiro ganés residente en Marín e a Manuel Domínguez Mallo, tamén veciño da vila marinense.
Por outra parte, o barco Don Inda de Salvamento Marítimo permanece na zona na que se encontra o barco afundido e durante a noite xa captou as primeiras imaxes da zona e do pecio cun robot subacuático VOR. Comprobouse que o pesqueiro non está escorado e que está rodeado de redes e aparellos nunha zona de visibilidade reducida.
Coa análise desas imaxes, prepouse o descenso ao pecio dos mergulladores de Salvamento Marítimo, que estarán asistidos por unha campá de inmersión que xa está na zona a bordo do remolcador Sar Gavia.
Os superviventes declararon durante a xornada do mércores ante a Garda Civil no cuartel de Vigo, á espera de prestar declaración no Xulgado de Instrución número 7 de Vigo, que leva o caso.
Relacionadas:
-
Salvamento pospón ata finais de semana a busca submarina no pecio do 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
Remata sen éxito a quinta xornada de busca dos dous desaparecidos no naufraxio do 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
Salvamento Marítimo amplía ata a ría de Arousa a busca dos dous mariñeiros do 'Mar de Marín' desaparecidos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
"Todo fue muy rápido", aseguran os sobreviventes do afundimento do pesqueiro 'Mar de Marín'
Por Redacción |
-
O Concello de Marín solicita "respecto cara ás familias de todos os tripulantes do Mar de Marín"
Por Oskar Viéitez |
-
Tres mariñeiros dun barco de Marín falecen e dous están desaparecidos tras chocar cun mercante nas Cíes
Por Redacción | Creada e actualizada