Xabier Fortes, pregoeiro da Festa do Petote de Cotobade
Por Redacción
O xornalista pontevedrés Xabier Fortes sera o vindeiro domingo 16 de marzo o pregoeiro da V edición da Festa do Petote de Cotobade. Actualmente traballador do Centro Territorial de Televisión Española en Galicia, o xornalista é membro do Consello de Informativos da cadea pública.
O Concello de Cotobade presentará este venres de xeito oficial a Festa do Petote, pero xa deu a coñecer as diferentes actuacións, actividades e a degustación do produto que terán lugar este domingo 16 de marzo. A festa estará amenizada polo grupo de gaitas Foula e a charanga Charandonga.
A mistura de diferentes fariñas cocidas dentro da auga do caldo é a singularidade dese producto que se incluia nos cocidos familiares pola festividade de San Blas e o Entroido e dende hai cinco anos ten unha festa en Cotobade. Este ano a celebración será no pavillón de Carballedo.
De novo a preparación do produto protagonista da festa estará a cargo de Casa Blanco, que elaborará o mesmo acompañado dos sabores do cocido e con postre tradicional por 15 euros e un menú de 5 euros para os menores de 6 anos. Os tiquets poden mercarse nos establecementos colaboradores na cafeteria A Chan de Carballedo; Casa Blanco de As Lagoas; Ernesto Filgueira e Milar Grupo Radio en Pontevedra; Taperia O Adro en Ponte Caldelas; cafeteria O Brasileiro en A Lama; e O Comareiro en Cerdedo.