Condenan un empresario por falsear ITV de atraccións de feira e anulan todas as tarxetas que expediu
Por Oskar Viéitez
A Audiencia de Pontevedra acaba de condenar a catro anos e medio de prisión un empresario de Cotobade por falsear as ITV de atraccións de feira. En concreto, condena a José Luis López Leiro como autor dun delito continuado de falsidade en documento oficial labor por funcionario público á pena de catro anos e seis meses de prisión.
A sentenza absolve un irmán e unha cuñada de José Luis, que estaban acusados do mesmo delito, xa que non consta que os acusados C.L.L. e M.J.S.D. tivesen participación nestes feitos".
O fallo do tribunal provincial considérase acreditado "que, entre o 2003 e o 2008, expediu e asinou tarxetas de ITV para legalizar remolques facendo constar en todos eles que estes se axustaban nas súas características técnicas á dalgún dos modelos da súa homologación, sabendo que non era certo".
Durante os cinco anos que investigou a Garda Civil, atribúeselle que cometeron algún tipo de irregularidade en 297 vehículos de toda España, a maioría a feirantes.
A sentenza decreta a nulidade das tarxetas de ITV que se reputaron falsas e o comiso destas.
Durante o xuízo o fiscal pedira seis anos de prisión e unha multa de 7.200 euros para José Luis, e cinco anos de cárcere e unha multa de 6.000 para os outros dous acusados.