María Teresa Fernández de la Vega presidirá en Pontevedra o primeiro encontro "Learn África"
Por Redacción
A ex vicepresidenta do Goberno, Maria Teresa Fernández de la Vega, presidirá o próximo 12 de xuño o primeiro encontro do programa "Learn África", que a Fundación Mujeres por África celebrará en Pontevedra.
Este evento, que contará coa presenza do reitor da UNED, Ricardo Mairal Usón, terá lugar no centro asociado que a UNED ten en Monte Porreiro.
"Learn África" é un programa de bolsas de posgrao para que estudantes e investigadoras africanas poidan formarse en universidades españolas, fomentando así a transferencia de coñecemento e a capacitación das mozas do continente africano.
O obxectivo último do programa é que, tras complementar a súa formación, as mozas revertan o aprendido en beneficio das súas comunidades, contribuíndo así ao desenvolvemento das sociedades africanas.
Durante os dez anos que a Fundación Mujeres por África leva impulsando este proxecto, foi máis dun milleiro as estudantes africanas que puideron realizar estudos de posgraduado ou cursos de formación complementaria en España.
O obxectivo deste encontro é reunir a todas as beneficiarias destas bolsas presentes en España para que se coñezan entre elas, establezan contactos institucionais e interactúen coa fundación e coas universidades colaboradoras.
A fundación presentará o proxecto da rede "Learn África" ás universidades colaboradoras, para promover a interacción entre institucións e beneficiarias e xerar espazos de debate sobre boas prácticas e o papel da educación superior para impulsar a Axenda 2030.
Ademais, haberá paneis de discusión sobre distintos temas relacionados cos retos da cooperación universitaria nos que participarán vicerreitores e representantes institucionais e académicos de universidades españolas e africanas.
Relacionadas:
-
A UNED Pontevedra aumenta a súa oferta formativa universitaria con doce cursos de verán
Por Redacción |
-
"As mulleres africanas temos que crer en nós mesmas. Podemos chegar a onde queiramos e conquistar o mundo"
Por Alejandro Espiño |
-
María Teresa Fernández de la Vega, en Pontevedra: "Soy medio gallega. Ya quisiera yo quedarme aquí"
Por Alejandro Espiño |
-
O proxecto educativo que sitúa ás mulleres no centro do "cambio e progreso" das sociedades africanas
Por Alejandro Espiño |
-
Fernández de la Vega inaugura a aula magna da UNED e imparte unha lección maxistral sobre "educación e igualdade"
Por Redacción |
-
Fernández de la Vega e Teresa Ribera reivindican o protagonismo das mulleres na Axenda 2030
Por Oskar Viéitez |
-
Destacadas referentes na xestión pública reivindican a "imprescindible" voz das mulleres nas administracións
Por Oskar Viéitez |