Fernández de la Vega e Teresa Ribera reivindican o protagonismo das mulleres na Axenda 2030
Por Oskar Viéitez
Reivindicando a presenza activa e o protagonismo das mulleres na implementación da Axenda 2030 rematou este xoves en Pontevedra a dobre xornada da Escola de Igualdade María Vinyals sobre o liderado feminino na administración pública, que contou coas intervencións telemáticas da vicepresidenta cuarta do goberno de España e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e da presidenta do Consello de Estado, María Teresa Fernández de la Vega.
A xornada estivo organizada pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e contou cun auditorio virtual total de máis de 600 persoas e unha vintena de relatoras debateron sobre as dificultades das mulleres para ter o "protagonismo imprescindible ante un dos retos máis relevantes que ten o planeta".
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva insistiu en que "non haberá cambio de paradigma económico, social, medioambiental se a metade da poboación non estamos plenamente integradas e participando activamente nese cambio".
Segundo os datos facilitados nesta xornada, en Galicia o 71,4% das persoas funcionarias son mulleres pero, sen embargo, hai 34 homes en altos cargos fronte a 23 mulleres, 44 homes na alta dirección de entes instrumentais fronte ás 21 que ocupan mulleres, 4 delegados provinciais fronte a 1 muller. E no eido local só o 18% dos concellos galegos teñen unha alcaldesa, 14 de 61 na provincia de Pontevedra. En España soamente hai 6 presidentas das Deputacións.
Carmela Silva citou o exemplo da Deputación de Pontevedra onde "o persoal funcionario é unha maioría aplastante de mulleres, pero tamén son maioría as directivas, 14 fronte a 13 homes". En canto ao persoal político da institución provincial, a corporación está formada por 14 homes e 13 mulleres e o goberno por 9 mulleres e 7 homes.
A vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, recordou na súa intervención o papel fundamental das mulleres na pandemia, e subliñou que "la igualdad es fundamental desde el punto de vista de la justicia social, pero también del económico".
Ribera destacou que hai "hay techos de cristal, vocación de apartar, de convertir a las mujeres en objeto más que en sujetos, en participantes más que en protagonistas de sus decisiones", e apelou á importancia de "que haya espacios al menos en la misma proporción que las mujeres representan en el conjunto de la sociedad".
A ministra rematou cun chamamento a "no renunciar a las cimas que se fueron conquistando a lo largo de décadas" e a "seguir trabajando por aquellos espacios que quedaron en el ángulo muerto, con un retrovisor que debemos volver a enfocar mirando hacia el futuro".
A clausura contou coa presidenta do Consello de Estado, Mª Teresa Fernández de la Vega, para quen o ODS central "tiene que ser el número 5: la igualdad entre géneros, para empoderar a las mujeres y a las niñas".
De la Vega engadiu que "hoy no necesitamos acumular, necesitamos construir movimiento social. Necesitamos riqueza en tiempo y vínculos sociales. Y dar un nuevo sentido a la vida buena, con dignidad humana, tratando bien a la tierra y reconciliando naturaleza y cultura. Y esto creedme, es lo que mejor sabemos hacer las mujeres. Las mujeres somos las guardianas de la biodiversidad, lo llevamos en nuestro ADN. Cuando se nos dan opciones de ejercer el liderazgo lo hacemos con todas las consecuencias".
A clausura tamén contou coa participación da avogada xeral do Estado, Consuelo Castro, e contou con dúas mesas de debate.
Relacionadas:
-
Vinte mulleres referentes para unha "reapertura de Óscar" da Escola de Igualdade María Vinyals
Por Natalia Puga |
-
O liderado feminino e as cidades sostibles, a debate este xoves na Escola María Vinyals
Por Redacción |
-
Destacadas referentes na xestión pública reivindican a "imprescindible" voz das mulleres nas administracións
Por Oskar Viéitez |
-
Fernández de la Vega e Teresa Ribera participarán nunha xornada da Escola María Vinyals
Por Redacción |
-
A Escola de Igualdade María Vinyals abordará o papel das mulleres na administración pública do futuro
Por Oskar Viéitez |