O proxecto educativo que sitúa ás mulleres no centro do "cambio e progreso" das sociedades africanas
![Alejandro](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/dee/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5624216432-20150128-patxot-alex-espino-002.jpg)
Por Alejandro Espiño
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/73a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/666976a8e7-gp28bmzwaaeyte9.jpg)
© Fundación Mujeres por África
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/4e8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/666976d302-20240612_africa_rafaestevez_13-545049-.jpg)
© Rafa Estévez / Deputación de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1d6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/66698bca45-img_5935.jpg)
© UNED Pontevedra
A ex vicepresidenta do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, reivindicou que "en un mundo altamente globalizado" como el actual é necesario que "apostar por África, por las mujeres y por la educación", ao considerar que se trata dunha "cuestión ética".
"Sigamos rompiendo barreras juntas, muy especialmente entre hombres y mujeres y entre África y Occidente", sinalou Fernández de la Vega, que este mércores presidiu en Pontevedra o primeiro encontro anual do programa "Learn África".
Esta iniciativa, impulsada pola fundación Mujeres por África, ofrece bolsas para que estudantes e investigadoras africanas poidan formarse en universidades españolas, fomentando así a transferencia de coñecemento e a capacitación das mulleres do continente africano.
O obxectivo último do programa é que, tras complementar a súa formación, as mozas revertan o aprendido nas súas propias comunidades, contribuíndo ao desenvolvemento das sociedades africanas.
María Teresa Fernández de la Vega, presidenta desta fundación, destacou que en África atopouse coas mulleres "más fuertes, más listas y mejores que yo he conocido en mi vida", a pesar de que "han tenido que hacer su recorrido solas".
"Ha sido un camino largo y con muchas dificultades que han tenido que superar", subliñou Fernández de la Vega, que identificou á educación como o "instrumento más importante" para que as mulleres poidan "superar las barreras que tienen todavía en África".
Durante os dez anos que a fundación Mujeres por África leva impulsando este proxecto, foi máis dun milleiro as estudantes africanas, procedentes de 40 países diferentes, as que puideron realizar estudos de posgraduado ou cursos de formación complementaria en España.
Foron mulleres "con juventud, compromiso y valentía", asegurou a presidenta da fundación, "para dejar sus familias y sus pueblos para venir a España", para formarse e contribuír ao "cambio y progreso" das sociedades africanas.
Ao regresar aos seus países de orixe, dixo, a súa formación ten un "impacto positivo" nas súas comunidades e nas súas familias, ao implementar os proxectos que desenvolveron en España ou converterse en profesoras universitarias ou mentoras doutras novas.
"Todo será poco para el desarrollo de las mujeres en África", segundo María Teresa Fernández de la Vega, un continente que "se mueve con las mujeres y avanza por y para las mujeres" e que, augurou, moi pronto terá no mundo "el papel que le corresponde".
Relacionadas:
-
Tarde de graduacións no campus
Por Redacción |
-
"As mulleres africanas temos que crer en nós mesmas. Podemos chegar a onde queiramos e conquistar o mundo"
Por Alejandro Espiño |
-
María Teresa Fernández de la Vega, en Pontevedra: "Soy medio gallega. Ya quisiera yo quedarme aquí"
Por Alejandro Espiño |
-
María Teresa Fernández de la Vega presidirá en Pontevedra o primeiro encontro "Learn África"
Por Redacción |