Fernández de la Vega inaugura a aula magna da UNED e imparte unha lección maxistral sobre "educación e igualdade"
Por Redacción
A presidenta do Consello de Estado do Reino de España, María Teresa Fernández de la Vega Sanz, presidiu a inauguración da aula magna "Mulleres por África", única e pioneira no seu xénero en España.
De la Vega foi a encargada de abrir cunha lección maxistral sobre "Educación e Igualdade" o curso académico 2021-22 no Centro Asociado da Universidade Nacional a Distancia (UNED) en Pontevedra.
O acto contou coa presenza do reitor da UNED, Ricardo Miral Usón, o director do centro universitario en Pontevedra, Víctor González Sánchez, da presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, o director territorial de ENCE, Antonio Casal, así como autoridades e representantes do mundo da cultura e a educación na cidade.
A aula magna é un espazo especialmente deseñado para lograr o máximo aproveitamento da luz natural e cunha disposición a modo de ollo que permite aos asistentes seguir perfectamente o desenvolvemento de calquera actividade.
Está decorada con varias pinturas murais, deseñadas pola artista Gemma Marqués, con efixies femininas, entre elas o mapa do continente africano fundido coa imaxe dunha muller. Así mesmo, a sala está presidida por unha frase pronunciada no seu día pola propia María Teresa Fernández de la Vega que di: "La educación es la puerta, es la llave, es la clave para dar a la ciudadanía, a los hombres y a las mujeres, los instrumentos para conseguir una vida en libertad, elegida y digna".
Fernández de la Vega comezou a súa intervención referíndose á educación como a ferramenta máis idónea para mellorar o mundo que "sin duda, lo necesita mucho".
De la Vega referiuse aos tempos de incerteza que corremos e as avances científicos sinalando que vivimos "un tiempo ciertamente intenso, incluso turbulento, desconcertante, en el que los avances más fascinantes se mezclan con los retrocesos más dolorosos".
"La humanidad ha logrado producir en un año una decena de vacunas contra una enfermedad nueva y detectar una colisión de hace cientos de millones de años entre agujeros negros y estrellas de neutrones. Pero no ha sido capaz de derribar los mitos de última hora que están llevando a millones de personas a no usar esas vacunas o de detener la amenaza de su propia extinción agotando el planeta. Son paradojas que muestran los poderosos tirones e impulsos que llegan al escenario global para competir desde diferentes visiones y misiones, desde la defensa de intereses contrapuestos, desde sistemas de valores, o de ausencia de ellos, irreconciliables. Y sobre ese suelo tan resbaladizo, el mejor lenguaje que tenemos para entendernos es el de la ciencia, la tecnología y el conocimiento", dixo a presidenta do Consello de Estado.
Reivindicou tamén a harmonía entre o avance científico e unha cultura de igualdade e liberdade e tamén dedicou parte da súa intervención ás mulleres de África e á fundación que preside.
Finalmente, centrou a última parte da súa intervención en reivindicar a iguadad a través do feminismo, a defensa da igualdade, o estado do benestar e a democracia avanzada e sinalou que "hemos conseguido que la comunidad global, la misma que se ha visto tan seriamente amenazada por el coronavirus, haya tomado por fin conciencia de que la igualdad entre hombres y mujeres es un bien para todos".
Relacionadas:
-
A UNED conmemora o 8 M cunha conferencia sobre o papel das mulleres no mar
Por Redacción |
-
Purificación Mayobre, na UNED: "O feminismo é o movemento máis pacifista da historia"
Por Redacción |
-
Un percorrido polos premios de pintura da Universidade na Sala Manuel Moldes
Por Redacción |
-
A UNED fortalece a súa actividade con cursos divulgativos e de preparación laboral
Por Redacción |
-
"Fronte ao patriarcado, artistas que moven, removen e conmoven"
Por Oskar Viéitez |
-
Os xardíns da UNED en Monte Porreiro, a un último paso de ter uso público e acceso libre
Por Redacción |
-
O centro asociado da UNED de Pontevedra inaugura a súa Aula Magna
Por Mónica Patxot |