Homenaxe á ostreira Isabel Seoane no comezo da 36 edición da Festa da Ostra
Por Redacción
O Concello de Soutomaior deu o pistoletazo de saída aos actos de celebración da 36 edición da Festa da Ostra coa homenaxe a Isabel Seoane Amoedo, unha muller que durante 40 anos estivo abrindo ostras de Arcade no Mercado da Pedra en Vigo.
Tal e como indicou o alcalde durante o acto celebrado durante a mañá deste venres no Salón de Plenos, Seoane foi quen de "internacionalizar máis que ninguén este produto tan noso".
Á celebración asistiron membros do Goberno Local e familiares da homenaxeada, que recibiu o premio 'María a das Mil Flores', unha placa na que se podía ler en agradecemento por toda unha vida dedicada a poñer en valor a ostra, levando o nome de Arcade por todo o mundo, e un ramo de flores.
PROGRAMACIÓN DA FESTA DA OSTRA
A partir das 20:00 horas deste venres a charanga 'A cabeza non para' encargarase de poñer o toque musical á festa, mentres que as orquestras Marbella e Origen collerán a remuda a partir das 22:30 horas.
O sábado 6 de abril a festa comezará ás 11:00 horas coa actuación da charanga Fanfarria Furruxa. Ás 12:00 horas abrirán as casetas de degustación da ostra e ás 20:00 será a quenda da charanga Mekanica rolling band. Despois, ás 22:30, actuarán as orquestras América de Vigo e La Fórmula. Tamén haberá tirada de fogos de artificio.
No caso do domingo, as actividades comezarán desde as 10:00 horas co pasarrúas da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade desde o Calvario ata o Peirao. Ás 11:00 horas será a apertura das casetas de degustación e, as 12:00, celebrarase o pregón a cargo do escritor e profesor Manuel Lourenzo González. Pola tarde, ás 18:30 horas, o toque musical poñerao Cantanascroas.
Relacionadas:
-
Éxito de participación na Carreira Infantil da Ostra
Por Redacción |
-
Festa de récord en Arcade: máis de 35.000 asistentes e 115.000 ostras vendidas
Por Redacción |
-
Milleiros de persoas participan nunha exitosa Festa da Ostra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Todo preparado para o día grande da Festa da Ostra
Por Redacción |
-
Soutomaior agarda 30.000 persoas esta fin de semana na Festa da Ostra, que prevé servir 100.000 pezas
Por Redacción |
-
Soutomaior prepárase para unha Festa da Ostra máis inclusiva e para todas as persoas
Por Redacción |
-
Soutomaior aproba o plan de tráfico para a Festa da Ostra
Por Redacción |
-
A mocidade de Soutomaior infórmase de Noctámbulas e da Festa da Ostra
Por Oskar Viéitez |
-
A ostreira Isabel Seoane Amoedo pon imaxe ao cartel da XXXVI Festa da Ostra de Arcade
Por Redacción |