Tráfico comezará este luns unha campaña especial de control e vixilancia do uso do cinto de seguridade
Por Redacción
A Delegación do Goberno en Galicia informa de que a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) iniciará desde este luns 11 de marzo, unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do Cinto de Seguridade e Retención Infantil, que se estenderá ata o próximo domingo 17 de marzo.
A Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto coa policía municipal que se sumen á iniciativa, levarán a cabo estes controis.
O obxectivo desta campaña é concienciar sobre a importancia do uso dos sistemas de retención homologados, cinto de seguridade e sistemas de retención infantil.
Segundo os últimos datos da DGT, en Galicia o 51% dos falecidos en turismo no 2023 non facían uso do cinto.
Estes datos son especialmente preocupantes xa que o seu uso reduce á metade o risco de falecemento en caso de accidente e nun 77% en caso de envorcar do vehículo. A capacidade de protección do cinto é igualmente efectiva respecto de todos os ocupantes, pasaxeiros que viaxen nos asentos dianteiros, e tamén nos asentos traseiros.
A campaña consistirá nun importante incremento dos controis coa utilización do máximo número de medios humanos e materiais dispoñibles. Así mesmo, sempre que sexa posible, tanto os paneis de sinalización variable como as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil advertirán aos condutores da existencia próxima de controis.
Na mesma campaña do ano pasado controláronse 68.016 turismos en Galicia dos cales 931 foron denunciados. En total dos 76.755 vehículos controlados (autobuses, turismos, taxis e de mercancías), 1.096 resultaron infractores.
Relacionadas:
-
Un total de 121 condutores e pasaxeiros foron denunciados na provincia por non levar posto o cinto de seguridade
Por Oskar Viéitez |
-
Morre un motorista nun accidente de tráfico en Bora
Por Oskar Viéitez |
-
Accidente múltiple na autoestrada á altura de Alba cunha ducia de vehículos implicados e varias persoas feridas
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
A saraiba deixa varias saídas de vía sen feridos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Quince sinais nas entradas á cidade identificarán a zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |