Quince sinais nas entradas á cidade identificarán a zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño
A partir da próxima semana, se as condicións meteorolóxicas o permiten, comezarán a instalarse os quince sinais que identificarán, en todas as vías de entradas á cidade, a zona de baixas emisións de Pontevedra, que abrangue todo o casco urbano da Boa Vila.
O alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, explicou que estes sinais custarán 6.700 euros e a súa instalación é obrigada para cumprir coa normativa estatal que regula estas zonas de tráfico reducido.
Así, esta nova sinalización, que foi aprobada pola Dirección Xeral de Tráfico, estará en todas as entradas ao casco urbano e aos barrios de Monte Porreiro e O Burgo. A zona de Estribela, que inicialmente estaba incluida, quedará fóra desta nova regulación.
Os técnicos municipais están a decidir os puntos concretos nos que se situarán estes sinais que, por exemplo, no caso de Monte Porreiro estarán en Santa Margarida e na Ponte das Palabras.
Fernández Lores reiterou que esta medida non suporá cambios no réxime sancionador, "que seguirá a ser o mesmo que coñecen todas as veciñas e veciños da cidade", aplicándose a este respecto a ordenanza de mobilidade e a normativa estatal de tráfico.
"A colocación dos sinais é unha obriga ditada desde a DXT que nos cumprimos, pero non implica ningún cambio á hora de actuar por parte do Concello de Pontevedra", subliñou o alcalde
Os cidadáns, engadiu o rexedor pontevedrés, "poderán circular exactamente igual a como facían ata o de agora", respectando os criterios existentes e os tráficos restrinxidos nas zonas sinaladas.
Se se produce algunha variación no futuro, que segundo Lores "pode habela", será sempre para reducir os tráficos innecesarios e excesivos que se detecten e mellorar a seguridade viaria na cidade, pero non para ampliar as sancións.
Relacionadas:
-
Pontevedra instalará seis medidores de calidade do aire para "tomar decisións" que reduzan a contaminación
Por Alejandro Espiño |
-
Os sinais da zona de baixas emisións comezan a tomar posicións
Por Alejandro Espiño |
-
Tráfico comezará este luns unha campaña especial de control e vixilancia do uso do cinto de seguridade
Por Redacción |
-
Mosquera reitera que ningún pontevedrés "notará cambio algún" coa zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez axita o medo a posibles multas por circular nunha "chapucera" zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |