A Escola Feminista da Mocidade inicia o curso de igualdade e prevención das violencias machistas
Por Redacción
A Escola Feminista é un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectiva feminista dirixida preferentemente á mocidade de 15 a 35 anos, mais tamén a outros grupos de idade.
Dende o Concello de Pontevedra sinalan esta iniciativa como "unha aposta clara e directa" á hora de facer fincapé na igualdade e na posta en valor da mesma entre a mocidade, ademais de formar na prevención de violencias machistas.
Esta semana, o programa municipal promovido desde a área de Xuventude iniciará o curso de igualdade e prevención das violencias machistas, que contempla unha formación teórico-práctica sobre igualdade, os feminismos e a prevención nas diferentes tipoloxías desta violencia.
A actividade é impartida por Iria Vázquez Silva, profesora de Socioloxía da Universidade de Vigo e experta en xénero, e ten todas as prazas xa reservadas. Contará con tres sesións, sendo a primeira o 20 de febreiro, e as outras dúas o 27 de febreiro e o 5 de marzo.
O reclamo e interese por este tipo de actividades é un éxito que se pode comprobar de xeito doado, ao ver como outras actividades do programa ven tamén cubertas as súas prazas sesión tras sesión. É o caso do curso de historia dos movementos feministas, por exemplo.
Este curso, que se celebrará o 12, 19 e 26 de marzo, analizará a cuarta onda do movemento feminista, os movementos feministas ata a actualidade e os ecofeminismos e feminismos interseccionais e poscoloniais.
Relacionadas:
-
Comeza o curso ao redor do acompañamento nas violencias machistas
Por Redacción |
-
Un equipo de mestras de Murcia estreitan lazos co CEIP da Laxe para avanzar no modelo educativo do futuro
Por Oskar Viéitez |
-
Oferta de prazas para obradoiros e actividades da Escola Feminista para a Mocidade
Por Redacción |
-
Apertura da 'Escola Feminista da Mocidade' para promover a igualdade xuvenil
Por Redacción |
-
Regresa a Escola Feminista para a Mocidade, con oito obradoiros de formación, encontro e reflexión colectiva
Por Redacción |