Se vas votar por correo o prazo de solicitude física ou telemática conclúe o 8 de febreiro
Por Redacción
O 8 de febreiro concluirá o prazo para que a persoas interesadas en votar por correo ás eleccións autonómicas do día 18 do próximo mes, poidan solicitalo. Un trámite que pode realizarse persoalmente nas oficinas de Correos ou ben de maneira telemática.
No caso de facelo persoalmente son válidas todas as oficinas de Correos españolas. Pode solicitarse para o propio elector ou tamén para outra persoa enferma ou con discapacidade - presentando unha acreditación médica oficial -, e que quen compareza estea autorizada notarialmente ou consularmente. Acudirase con DNI, ou pasaporte ou tamén carné de conducir orixinais.
Se se opta pola solicitude telemática hai que entrar na web de Correos para formalizar a solicitude e acreditar a identidade mendiante firma electrónica e o DNI eletrónico. Neste caso, pódese consultar o estado da solicitude nesta ligazón.
En calquera das dúas modalidades de solicitude hai que indicar a dirección onde se vaia a estar - ou oficina de Correos onde se poida recoller - para que as Delegacións Provinciais do Censo Electoral envíen a documentación necesaria para votar; trámite que xa iniciaron. Correos realiza polo menos dous intentos de entrega en man da documentación ao seu destinatario, en caso de non ser posible déixase aviso para recollerse na oficina máis próxima.
Cando se produce a entrega da documentación compróbase a identidade do votante coa presentación do DNI, pasaporte ou permiso de conducir, anotando ademais o número do documento identificativo dando fe da recepción dos sobres e papeletas coa firma da entrega por parte do solicitante.
PARA VOTAR POR CORREO, ATA O 15 DE FEBREIRO
O prazo para facer entrega do voto conclúe o xoves 15 de febreiro. Neste momento tamén é precisa a identificación cos documentos persoais sinalados anteriormente.
No caso das solicitudes para outras persoas que non poden acudir persoalmente para entregar o seu voto, deben outorgar autorización para que a entrega a faga outra persoa no seu nome. Debe estar asinada polo elector e acompañarse de fotocopia do DNI, pasaporte ou outro documento oficial identificativo, así como unha fotocopia do documento identificativo da persoa á que autoriza. Desde Correos recoméndase usar este modelo que ofrece na súa web.
Relacionadas:
-
Correos abrirá o mércores de Cinza as súas oficinas de Pontevedra para atender o voto por correo
Por Redacción |
-
O 95% dos 42.000 pontevedreses que pediron votar por correo exerceron o seu dereito ao voto
Por Redacción |
-
O voto por correo, disparado tamén en Pontevedra: Correos admite 44.000 solicitudes
Por Redacción |
-
RADIO.- Votas por correo o 23X? En PontevedraViva Radio explicamos procedemento, dúbidas e curiosidades deste sistema de votación
Por Marisa Ciordia |