O xulgado tomba o ERE de Coserpont, que afecta a 34 traballadores
Por Redacción
O sindicato CIG mostrou a súa satisfacción, en nome dos 34 traballadores afectados polo ERE extintivo que promovera a empresa Coserpont, polo auto emitido polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra no que anula o Expediente de Regulación de Emprego que iniciou esta empresa de servizos.
A xuíza considera que non existiu negociación porque á representante dos traballadores, Sonia Amoedo, lle falta lexitimidade para erixirse como tal, ao aparecer como representante de dous centros de traballo distintos. Este fallo xudicial pode ser recorrido pola Administración Concursal no prazo de cinco días.
Ante esta situación, o representante sindical Rafael Iglesias sinalou que a CIG está aberta á unha nova negociación do ERE coa empresa, á que teñen vido manifestando reiteradamente. Segundo sinalou Iglesias, "non estamos dispostos a aceptar os 20 días por ano traballado que pretende a empresa". E alerta de que, se non se produce un encontro coa dirección de Coserpont, reclamarían que o concurso se declarase culpable e, polo tanto, os socios da entidade terían que responder co seu patrimonio.
Os traballadores afectados, neste momento, encóntranse de vacacións á espera da resolución do ERE, tal e como quedaron despois de que o 31 de decembro a empresa pechase os seus centros de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rafael Iglesias: "CC.OO. aparece agora como o avogado defensor dos pelotas de Coserpont"
Por Redacción |
-
A maioría do plantel de Coserpont arremete contra a CIG e é partidaria do ERE presentado pola empresa
Por Anxo Lourido |
-
A CIG denuncia novas irregularidades por parte de Coserpont na negociación doutro ERE
Por Redacción |
-
Rafael Iglesias, da CIG: "Algo cheira mal en Coserpont"
Por Redacción |
-
A CIG amosa sospeitas sobre a contabilidade de Coserpont que presentou un ERE extintivo
Por Redacción |