A CIG denuncia novas irregularidades por parte de Coserpont na negociación doutro ERE
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
As segundas eleccións dos representantes de Coserpont para negociar o expediente de regulación de emprego (ERE) extintivo volveron provocar entrentamentos entre a empresa e os representantes sindicais que denuncian que se lles impediu o acceso ás instalacións da empresa en Mourente para comprobar a limpeza no proceso electoral.
Este novo proceso de negociación xorde despois de que o Xulgado do Mercantil número 2 arquivara o primeiro expediente do ERE presentado por Coserpont ao considerar que "non tería mediado boa fe en canto á dispoñibilidade de negociar e non se respectou a constitución dunha comisión negociadora".
Segundo denunciou Rafael Iglesias da CIG, nesta nova negociación, a dirección de Coserpont impediu o acceso dos representantes dos traballadores ás oficinas chamando á Policía Nacional, que presentou tres furgóns policiais nas instalacións. Segundo os empregados non quedou constatación de se o proceso se desenvolveu baixo as normas establecidas para este tipo de casos. Rafael Iglesias apunta, ademais, que "nas actas hai incongruencias".
Ante esta situación, o sindicato presentou un escrito no xulgado no que denuncia que non houbo eleccións para a selección dos negociadores deste segundo ERE e agardan que a Consellería de Traballo emita un informe ao respecto para que o xuíz decida se arquiva esta nova negociación. A CIG solicitará que o concurso de acredores sexa declarado culpable.
Os 34 traballadores afectados por este segundo ERE non cobraron a nómina do mes de xaneiro agás "os pelotas", segundo sinalou Rafael Iglesias.
Os traballadores de Coserpont non cobraron en 2014
Rafael Iglesias, Representante de CIG
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Rafael Iglesias: "CC.OO. aparece agora como o avogado defensor dos pelotas de Coserpont"
Por Redacción |
-
A maioría do plantel de Coserpont arremete contra a CIG e é partidaria do ERE presentado pola empresa
Por Anxo Lourido |
-
O xulgado tomba o ERE de Coserpont, que afecta a 34 traballadores
Por Redacción |
-
Rafael Iglesias, da CIG: "Algo cheira mal en Coserpont"
Por Redacción |