Rafael Iglesias, da CIG: "Algo cheira mal en Coserpont"
Por Redacción
O sindicato nacionalista CIG presentará un escrito no Xulgado de Mercantil sobre os incidentes que veñen detectando no proceso de ERE extintivo na empresa Coserpont. Denuncian que na última reunión cos administradores concursais, non se permitiu que estivesen presentes os representantes sindicais e só autorizouse a Sonia Amoedo cando, segundo Rafael Iglesias da CIG, aparece como representante nun centro no que non se celebraron eleccións sindicais e noutro no que nin sequera está censada. Ademais, sinala Iglesias, trátase da muller de ÿscar Cortegoso con quen montou unha sociedade que conseguiu o Cafetín, un dos establecementos de Coserpont, días antes de que esta empresa presentase o concurso de acredores. Dende a CIG entenden que o xuíz terá que investigar se se trata dun alzamento de bens.
Rafael Iglesias insistiu nas súas sospeitas sobre a existencia dunha contabilidade B en Coserpont xa que a empresa presentou perdas dende o ano 2005, a excepción de 2009, ata a actualidade.
O representante sindical sinala que neste proceso do ERE parece que os administradores concursais queren indemnizar co mínimo os 32 traballadores que se van despedir e que, desta forma, van vendelo os locais a uns homes de palla para, dentro duns meses, poder abrir de novo. Rafael Iglesias indicou: "Iso non o vamos a permitir. Se hai que ir ao Tribunal Supremo, iremos pero se van a enterar!" e concluíu afirmando que "algo cheira mal en Coserpont". Esta sociedade conta con dous administradores Edelmiro González e José Ramón Sobral que pecharon xa as cafetarías e panadarías (entre outras, Antoxo e a cafetaría da Estación de autobuses) que mantiñan en Pontevedra dende o 31 de decembro.
Relacionadas:
-
A maioría do plantel de Coserpont arremete contra a CIG e é partidaria do ERE presentado pola empresa
Por Anxo Lourido |
-
A CIG denuncia novas irregularidades por parte de Coserpont na negociación doutro ERE
Por Redacción |
-
O xulgado tomba o ERE de Coserpont, que afecta a 34 traballadores
Por Redacción |
-
A CIG amosa sospeitas sobre a contabilidade de Coserpont que presentou un ERE extintivo
Por Redacción |