Mosquera reitera que ningún pontevedrés "notará cambio algún" coa zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño
Haberá "cero consecuencias" para os veciños e veciñas de Pontevedra tras a implantación da zona de baixas emisións. Así o reiterou o edil de Mobilidade, César Mosquera, que insistiu en que os cidadáns non notarán "cambio algún" á hora de circular.
Mosquera lembrou que esta zona de baixas emisións leva activa en Pontevedra desde o pasado 1 de xaneiro, sendo esta cidade, xunto con Madrid e Barcelona, as únicas que cumpriron "a tempo" os prazos fixados pola lei de transición ecolóxica.
A instalación dos sinais identificativos destas zonas "só responde a unha petición da DGT", para que se homologuen estes distintivos en todo o país. Pero a súa aparición nas vías urbanas de Pontevedra "non vai a cambiar nada".
Os condutores poderán seguir circulando polas rúas da cidade "como levan facendo nos últimos anos", xa que a "terceira vía" aprobada para Pontevedra non obriga a pagar por circular nin a ter vehículos con ecoetiquetas para acceder a estas zonas de baixas emisións.
Os sinais, segundo César Mosquera, instaranse en próximas semanas e serán "o menor número posible" para non confundir aos condutores que circulen por Pontevedra.
Con respecto ao "choque normativo" que poidan ter aquelas persoas que procedan doutras cidades cun modelo diferente, Mosquera recoñeceu que pode ser así "como xa pasa agora" coas áreas definidas como de prioridade peonil.
A xente de Pontevedra "non terá ningún problema porque non hai ningún cambio", mentres que os que veñan de fóra "terá que informarse e comprobar as limitacións", unha circunstancia que o edil do BNG ve "inevitable" para cumprir a lei.
Relacionadas:
-
Os sinais da zona de baixas emisións comezan a tomar posicións
Por Alejandro Espiño |
-
Quince sinais nas entradas á cidade identificarán a zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello recorre a "vías excepcionais" para salvar os proxectos da Santiña e de cámaras de tráfico
Por Natalia Puga |
-
O PP reclama ao Concello máis información sobre as multas na zona de baixas emisións
Por Oskar Viéitez |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez axita o medo a posibles multas por circular nunha "chapucera" zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Así é o sinal que identificará a Pontevedra como zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |