Os sinais da zona de baixas emisións comezan a tomar posicións
Por Alejandro Espiño
Operarios da empresa API Movilidad iniciaron este mércores os traballos para a instalación dos sinais de tráfico que identificará todo o núcleo urbano de Pontevedra, incluídos os barrios de Monte Porreiro e O Burgo, como unha zona de baixas emisións.
Serán catorce os sinais que se colocarán finalmente en todas as entradas e saídas de Pontevedra, para que os condutores advirtan que están a circular por un ámbito de tráfico reducido, onde o tránsito peonil ten prioridade.
As placas, que foron autorizadas pola Dirección Xeral de Tráfico, instaláronse xa na zona de Campolongo ou na Avenida de Marín, entre outras localizacións.
Os técnicos municipais decidiron que os sinais se coloquen tamén en Monte Porreiro (2) -en Santa Margarida e nas inmediacións da Ponte das Palabras-, na rotonda de entrada a Médico Ballina, na Avenida de Compostela (2) ou na Avenida Josefina Arruti.
Ademais, estes identificativos estarán na rotonda do Marco, nos accesos á Rolda Leste (2), na Avenida de Lugo, na Ponte dos Tirantes e na Ponte da Barca.
Un dos quince sinales encargados, que custaron uns 6.700 euros e son obrigratorios pola ley de transición ecolóxica, quedará en depósito nos almacéns municipais para posibles substitucións.
O edil César Mosquera volveu a reiterar que estes sinais "non van afectar para nada" á dinámica de circulación dos condutores.
Relacionadas:
-
Pontevedra instalará seis medidores de calidade do aire para "tomar decisións" que reduzan a contaminación
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra aumentará ata os 240.000 euros o contrato de sinalización viaria
Por Alejandro Espiño |
-
Arromban outro estacionamento en Monte Porreiro e as sendas peonís na rúa Portugal
Por Redacción |
-
Quince sinais nas entradas á cidade identificarán a zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Mosquera reitera que ningún pontevedrés "notará cambio algún" coa zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |
-
Lores, sobre a zona de baixas emisións: "Se alguén quería cobrar por entrar en Pontevedra era o señor Domínguez"
Por Alejandro Espiño |
-
Domínguez axita o medo a posibles multas por circular nunha "chapucera" zona de baixas emisións
Por Alejandro Espiño |