Xerardo Torrado Agulla
SERGAS: cando un erro provoca moita dor, cando un ruxido no oído non che deixa durmir. Carta dun lisiado
Obviamente hai unha consigna secreta para non operarme, pedín o meu historial médico e o meu curso clínico por recomendación da miña avogada, pero no papeleo que me deron non aparece nada, ademais de non constar que o día 11 de febreiro do 2022, pola tarde, fun ó PAC de A Parda cunha otorraxia no oído (o día da lesión), seica que a persoa encargarda se esqueceu, xerando un inferno para comigo. Todo o papeleo que me deron podería eu descargarlo dende a aplicación "chave-365", para iso agardei semanas e o solicitei por escrito? Está claro que hai algo que me ocultan, algo que é o que fai que non me operen, algo alleo á praxe médica e sobre todo os principios de altruismo e bondad e gañas de facer ben o paciente que debería animar tódolo comportamento dun profesional da mediciña.
O SERGAS non me tratou como debería dende o minuto "0", negouse a atenderme, a crerme o que eu lles estaba decindo, e incluso provocáronme graves abrasións no oído medio e interno cando dende Montecelo dixéronme que tiña que botar unas gotas no meu tímpano perforado. Con pasmo lle dixen que un tímpano perforado tiña que permanecer seco, entón me preguntou se o especialista era eu ou ela; eu accedín, sometinme o tratamento e o resultado foi o meu empeoramento co abrasamento do oído medio e interno.
Por se fora pouco, fun sometido a unha desafortunada terapia de corticoides na cal a enfermeira que ma tiña que aplicar inxectándoos con carácter intratimpánico, debido os seus temblores, me rachou aínda máis o tímpano. Finalmente confesou que o que pasaba era que era a primeira vez que o facía. Para facer prácticas que empreguen maniquíes, non o meu lesionado tímpano… por favor.
Pero o último foi de traca. Eu pensaba que o pasado luns día 5 tiña cita ca otorrina en Montecelo. Durante días estiven facendo unha lista co que tiña que preguntarlle, etc. Pero cando chego alí, resulta que non era ca otorrina, senón en otoneuroloxía. No SMS que se me enviou puña claramente otorrinolaringoloxía, non otoneuroloxía. Os dous anos e medio de sufrimento por culpa da desidia do SERGAS afectaron a miña memoria, xa que o ruido inconmensurable no oído impídeme durmirme, por iso preciso de facer unha lista escrita con todas as preguntas que lle quero facer a cada especialista. Pero como se equivocaron á hora de decirme a especialidade ca cal tiña cita, resulta que non levei lista algunha de otoneuroloxía, e pola tanto non lle puiden facer pregunta algunha. Cando baixaba en bus de Montecelo acordeime de todas as preguntas pertinentes e arrincábame os poucos pelos que teño mentres sentía un horripilante ruxido no oído, como tódolos días dende o 11 de xaneiro do 2022. Resulta que me daban xa de alta, así que se quero outra consulta con otoneuroloxía para saber se o meu nervio está danado, entre outras cousas pola abrasión daquelas malditas gotas, teño que pedilo de novo e agardar entre catro e cinco meses mínimo.
Non estou en condicións de agardar nen catro nen cinco meses, de feito nen un, estou destrozado intelectualmente, moralmente e físicamente por unha lesión que me impide tocala gaita como facía antes (con grandes, enormes, perdas económicas) e ademais non podo coller un avión o un tren para ir a congresos, sendo iso un duro golpe para a miña vida científica como investigador. Pero as perdas económicas e a perda de prestixio académico non é nada comparado con ese ruxido enorme, apabullante, esas noites insonmes nas cales apenas durmo tres ou catro horas, cando durmo, e así durante máis de dous anos e medio. Dese xeito perdín toda a memoria.
Se operan ata os delincuentes máis malvados dos cárceres, por qué non me operan a min torturándome deste xeito?, din que non é o tímpano, e que unha timpanoplastia non arranxaría nada. Se non arranxaría nada, entón para qué as fai o SERGAS?. Dinme que non ma fan xa que está nunha parte complicada, e toda esa xenta á cal sí lla fan, ónde teñen o tímpano, no punta do dedo gordo ou na cabeza coma o teño eu?. Ademais o risco cero non existe nen nunha operación de apendicite. Os argumentos que aportan no SERGAS son fáciles de rebatir, absurdos e burdas mentiras que eu podo desvelar con fotografías recentes dos meus tímpanos. Teño un coñecido, tamén cun tímpano lesionado, e tras unha timpanoplastia desapareceron tódolos ruidos, ruidos que eran idénticos os meus: pitidos, bombeos, choiva coma o ruido dunha radio buscando emisora, desapareceron todos, repito, todos. Ademais as mentiras de que o meu tímpano está pechado, cando está aberto, son altamente irresponsables, xa que pensando que o tímpano está ben, podo facer unha práctica de risco, como mollarme o tímpano ou incluso unha inmersión submariña. O tímpano aberto permite o paso de bacterias que provocan continuas infeccións no oído que derivan en máis ruido e palpitacións. Nunha destas podo perder por completo a audición do oído esquerdo, a quén lle pido responsabilidades despois?, a pregunta é retórica.
Sempre estou decíndolles iso da demanda xudicial, e xa semella o conto de Pedro e o lobo, a miña avogada xa tería presentado a demanda, pero son eu quén a contén, xa que a cada momento penso que o SERGAS pode volverse humano e operarme. Pedira unha segunda opinión, pero é falso iso da segunda opinión, o corporativismo da profesión médica fai que cada un se pliegue á opinión do anterior, só teñen que lelo meu historial e ler ás tonterías que escribiron. Non sei qué diaños pon no meu historial que impide que me operen, pero penso investigalo, e por suposto que mo borren. Fai uns anos ardera misteriosamente os historiais médicos da comarca, agora están dixitalizados e xa non pasa iso, pero no meu caso sería unha fortuna. A demanda achégase, tic, tac, tic, tac… Se son operado, os leitores e leitoras deste medio sairán gañando: a partir dese intre só escribiría de asuntos relativos á Historia, a crítica literaria e cultural e sobre unha sociedade europea en descomposición.