Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo
Coa nosa saúde non se xoga!
Vai rematando agosto pero non rematan os recortes na Atención Primaria
Este luns 29 de agosto:
- Centro de Saúde de Seixo: Sen ningún médico. A persoa que cobre as vacacións do Dr Galiano pediu o día hoxe e non a substituíron. Varios veciños pediron cita para receitas e non lle dan ata o 5 de setembro (7 días de espera)
- Centro de Saúde de Marín: En Marín tampouco se cobren xubilacións, baixas, vacacións e permisos.
Exemplo: No cupo do Dr Ballón,de baixa dende hai moitísimo tempo, non hai citas ata o 16 de setembro. Envíanos fotos unha veciña que precisa de receitas para unha filla enferma crónica: 20 días de espera
Moito avanzamos dende que hai xerente novo nesta área O que non melloramos é en máis persoal e mellor atención sanitaria á veciñanza.
Unha vez máis, preguntámonos: onde está a nosa Alcaldesa e o seu equipo? Nos centros de saúde non hai fotos nin festa, normal que non estean... pero ben podían poñerse do lado da veciñanza dunha vez e presionar á Xunta para ter unha atención sanitaria digna no noso concello.
Se sufriches estes recortes cando precisabas atención ou sabes de quen os sufriu, cóntanolo. Lembra deixar unha reclamación para que quede constancia e súmate á recollida de sinaturas para defender a atención primaria. Seguimos, porque coa nosa saúde non se xoga!