Fundación Alexandre Bóveda
A Fundación Alexandre Bóveda no "Día da Galiza Mártir"
A Fundación Alexandre Bóveda, organiza, colabora, celebra e apoia os diferentes actos do “Día da Galiza Mártir”. Esta sobranceira data, instaurada pola Irmandade Galega de Buenos Aires no ano 1942 -fai xusto 80 anos- para homenaxear a Alexandre Bóveda e con el a todas e todos os galeguistas que sufriron a represión e martirio por procurar, ao cabo, unha sociedade e causas que hoxe damos por normalizadas.
Pola posta en valor deste inmenso legado, de manter aceso o facho desta memoria e da súa consecución, así como da compresión social e politíca da necesidade simbólica de reivindación dos Dereitos Humanos, congratulámonos, e agradecemos canto esforzo teñen feito todos e todas as que levan percorrendo este camiño connosco, ás que se incorporaron nestes últimos tempos dando a benvida aos que queiran seguir uníndose a traballar por un futuro mellor.
Porén, cabe destacar este ano, tanto a extensión polo país de actos de celebración e intstitucionalización deste día, como a participación de todas as forzas politicas en varios deles,
Agradecemos e destacamos dúas cuestións de importancia:
- A asistencia maila participación nos actos cívicos -tanto da FAB como do PG- en San Amaro, diante do sartego de Alexandre e Amalia do Secretario Xeral de Política Lingüistica, Don Valentín García Gómez, en representación da Xunta de Galicia.
- A adhesión e participicación nos actos cívicos do tecido cultural e fundacional do galeguismo aquen e alén mar, como son: Fundación Castelao, Fundación Rosalia de Castro, Fundación V. Martinez Risco, Filgueira Valverde, Fundación Eduardo Blanco Amor, Fundación Antón Losada Dieguez, Fundación Plácido Castro, Foro Galicia Milenio, Revista Encrucillada, Centro Galego, Centro Galicia, Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina, Xeito Novo, Instituto arxentino-galego Santiago Apostol.
XVI Premio Galiza Mártir:
O padroado da Fundación Alexandre Bóveda, decide outorgar e honrar coa entrega do XVI premio a Carlos Babío e Manuel Pérez, pola súa traxectoria investigadora e esclarecedora na memoria de Sada como da do Pazo de Meirás, alicerce da recuperación do espazo, así como da mudanza dun relato falseado, mais xa non consumado.
Mudarmos o coñecemento do noso pasado, é fundamental para entendermos o presente e traballar no futuro.
A entrega do premio estará enmarcada no acto institucional que celebramos xunto ao Concello de Poio no monumento da Caeira (que non corresponde ao lugar onde foi fusilado Bóveda, estando este situado uns 600m máis arriba).