Xesús López Fernández
O Fiscal entra no tema dos recheos de Xibraltar
Na cara este de Xibraltar levan tempo facendo recheos con area que Fabián Picardo decía procedía de canteiras. Pero non. A area, según logrou demostrar Verdermar-Ecoloxistas en Acción, procede da duna de Valdevaqueros, en Tarifa, Cádiz. I é un espacio protexido. Consecuentemente, o colectivo ecoloxista acaba de formulare unha denuncia por presunto delito contra ó medio ambiente ante a Fiscalía Xeral do Estado, denuncia feita con data 17 de Xullo, que acaba de ser contestaga pola fiscalía por medio de escrito rubricado o 2 de Agosto polo fiscal adscrito da Sáa de Medio Ambiente e Urbanismo, Germán Gutiérrez, polo que se comunica ó colectivo ecoloxista que están a incoaren dilixencias informativas. ÿ decir, que o denunciado por Ecoloxistas en Acción está a ser investigado.
No texto orixinal, Verdemar mantén que "se ten extraído area da duna de Valdevaqueros (espacio protexido ó integra-la Rede Natura 2000 do Estreito Occidental e Reserva da Biosfera) e vendéndolla a Xibraltar". ¿Con qué fin, é a pergunta de caixón? Pois, según aclara a noticia, pra "rexenerare praias gañadas ó mar na zona este do Peñón, o gran teso de Xibraltar, unha acción da que os activistas gaditáns levan tempo avisando á Comisión de Medio Ambiente da Unión Europea e a distintas autoridades nacionales en moitísimas ocasiós. I en concreto, no escrito remitido ó Ministerio Público fai pouco máis dun mes indicabase que pra introduciren area da duna de Valdevaqueros en Xibraltar", a golpe de roda de camión, incluso falseando a documentación e a procedencia da mesma. I engadíase: "Vender area da duna de Valdevaquros ilícitamente e pasala pola fronteira de Xibraltar cunha posible documentación de trazabilidade falsa, por ser un delito de furto agravado de conformidade coa aplicación dos artículos 349 e 351 do Código Penal (Lei 599 do ano 2000, artículos 239 e 241), ademáis dun delito de falsedade en documento público según o artículo 392 do Código Penal". A noticia acaba concretando que o Peñón admiteu a entrada nos seus límites xeográficos dun total de 9.950,23 toneladas de area, se ben, dende a colonia británica sinalouse que "calquer suxerencia de ilegalidade" debería "dirixirse" ás "autoridades pertinentes en España, en concreto Tarifa."
Á marxe do afirmado dende Xibraltar, a Fiscalía indaga o papel desempeñado polos distintos actores nos supostos delitos desvelados polos conservacionistas. Tamén pide que se "revisen tódo-los controles do paso de camiós, que en teoría teñen que contaren con permiso de la Junta e, sobre todo", puntualiza, que se "investigue a procedencia da carga". "Valdevaqueros é un tesouro natural e a súa area ten un valor incalculable", remata decindo. Verdemar-Ecoloxistas leva anos avisando dos recheos de Xibraltar cara ó este, outra ilegalidade porque forma parte do LIC do Estreito Oriental i é de especial conservación.
O tema de Xibraltar sigue quente e hai, podemos supoñer, moita xente, incluso políticos, baixo sospeita, xa se trate de recheos, de agresión nun espacio natural, de branquexado de capitales, de contrabando, etc. Pero xa que queda dito algo que enaltece a Verdemar-Ecoloxistas en Acción, eu lembro unha vez máis as agresiós na ría de Pontevedra, onde tamén son pequenos colectivos ecoloxistas os que denuncian. A ría, que é case un mar interior está ocupada en moitos miles de hectáreas. Políticos de perfil presuntamente culpables, reféns dos clústers, resulta raro que aquí non teña entrado, a tope, o Ministerio Fiscal.
20.08.2013