Xesús López Fernández
San Benito, Patrón de Europa
Con razón podemos considerar a Benito Patrón de Europa. El e os seus monxes irán configurando os rasgos máis determinantes do home europeo, algo que non se debía ter esquecido á hora de elabora-la Constitución Europea. Nado en Nursia, Umbría, Benito/Benedicto, finaría a mediados do século VI. A súa festa celébrase o 11 de Xullo. Pero antes que Patrón, san Benito tiña sido declarado por Pío XII Padre de Europa, en reconocemento a que a súa institución monástica tiña contribuído arrixadamente á creación do espacio espiritual e cultural europeo.
Porque en realidade foron os monxes benedictinos/benitos os primeiros en teren unha conciencia clara da nova realidade postromáa, os que serviron de ponte antre o mundo antiguo e o medioevo, cando rescataron, cultivaron e transmitiron case todo o patrimonio grecorromán, en especial o pensamento e o Dereito, dándolle ademais a súa última e máis completa dimensión ó inserilo, como xa tiñan feito Paulo e os Padres da Igrexa, na matriz evanxélica, teolóxica i espiritual do cristianismo.
Estos monxes foron tamén os que orientaron á nosa sociedade na súa configuración social, política, económica, cultural e relixiosa; os que fixeron da diversidade desos pobos unha comunidade encastañada en torno ós mesmos valores espirituales, morales e humanistas. Os instrumentos desa obra foron a cruz e o arado, a pregaria e o traballo, a Biblia e o Dereito román, o libro e a estética litúrxica, a disciplina e a pax monástica. Por eso os mosteiros gardan a memoria e o secreto de Europa, a Galicia chegada por medio das dúas grandes ordes benedictinas, a de Cluny e a do Cister, como tamén polo Camiño de Santiago.
Esos conventos, os vivos e aqueles nos que conclueu a vida monacal despois da exclaustración de Mendizábal, son ou foron símbolo dese espacio occidental, no que cristalizaron o espírito, a forza, a tensión que enxendraron o home e a alma europeos. Realmente, a construcción de Europa debera terse feito cos criterios que forxaron as abadías e as catedrales; elas foron a obra común do espírito, da sabiduría, da técnica e o trababllo, harmonizados en torno a unha visión global centrada en Deus e no home.
Non se trata de seguir cunha longa historia, pero sí decir que moito dese Benito europeo nos tocou aquí e que o 11 de Xullo, tan rico en romerías na nosa terra, tería de ser, realmente, unha exaltación da idea da Europa cristiá, cando parece que a UE está embarcada nun proceso de descristianización do continente. A Ilustración Española podemos decir que tivo dous representantes, frades benedictinos, que case a monopolizan: os Padres Feixóo e Sarmiento, que nalgún momento da súa vida monástica moraron no convento de Lérez. Decir tamén que Europa ten outros dous patrós: os santos Cirilo e Metodio, proclamados éstos por Xohán Paulo II, evanxelizadores dos eslavos. Dúas sensibilidades distintas, pero coa idea de profundizare nas raíces cristiás de Europa.
A xeito de apéndice: algunhas das preces dedicadas a san Benito, na santa Misa d´hoxe: Relembremos a san Benito, que dou gloria a Deus coa súa vida, pidamos por Europa e por todo o mundo. Pra que Europa siga fiel á súa tradición cristiá e non falten homes que, como san Benito, saiban leva-lo Evanxelio a tódo-los pobos. Pra que os monxes benedictinos permanezan fieles á súa vocación. (Hai sobre 700 conventos de monxes e uns 900 de monxas da orde de San Benito, polo ancho mundo. Algo sigue funcionando)